Taller de Programación Creativa en Igualdade

Para este venres, 29 de abril, terá lugar no centro en horario de 11:45 a 14:15 un Taller de Programación Creativa en Igualdade, que forma parte do programa " Donas de Sí " do Plan Proxecta
   Irá dirixido ao alumnado de 1º da ESO.
   Está  organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades

Tags: Complementarias, Novas, Orientación

NOVO NÚMERO TELÉFONO DO IES CHANO PIÑEIRO- FORCAREI

O Ies ten  número novo de teléfono e fax novos:

 

Teléfono: 886151228            Fax: 886151234

Tags: Xefatura de Estudos

Día da Ciencia en Galego 2015

Se premedes na imaxe poderedes ver o vídeo resumo das actividades desenvolvidas no Chano Piñeiro co gallo do VI Día da Ciencia en Galego. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Preme para acceder ao vídeo

Tags: Complementarias, ENDL

Lingua de Montes Dixital Curso 2014/2105

Desde o EDLG traémosvos a versión dixital da revista Lingua de Montes correspondente a este curso 2014/2015. 

Só tedes que premer na imaxe para disfrutala!

Tags: ENDL

Fotografías Deporte Escolar 2014-2015 (Xogade)

Como engadido ao Plan Proxecta 2014-2015, poñemos a ligazón ás fotografías do deporte escolar do Curso 2014-2015.

Tags: Complementarias

Comedor Escolar

Os usuarios do comedor escolar deberán presentar a autodeclaración correspondente á declaración da renta do exercício 2015 no IES xunto coa matrícula.

Os usuarios que non estean ao corrente das súas obrigas de pagamento non poderán ser admitidos no Comedor Escolar.

Tags: Xefatura de Estudos

PROBAS PISA 2015

O día 01 de xuño ao longo da maña, alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, nados no ano 1999, participaran na realización das probas pisa 2015 que se van a celebrar no instituto.

Pisa é unha avaliación internacional dos sistemas educativos no mundo. Os datos recollidos son estrictamente confidenciais.

Tags: Xefatura de Estudos

Alumnos do IES. Chano Piñeiro, premiados nos concursos de Igaciencia 2014

Alumnos do IES. Chano Piñeiro, foron premiados nos concursos "Inventa en Galego" e "Sensores para todos" organizados por Igaciencia.

O pasado venres 12 de decembro, tivo lugar a presentación dos traballos e a entrega dos premios no Ágora da Cidade da Coruña.

Os alumnos premidados foron:

No concurso "Inventa en Galego", os alumnos de 1º de Bacharelato: Gabriel Otero, Claudio J. Troitiño, Gabriel Sieiro e Daniel Varela.

Entrega de premios aos alumnos de 1º Bach

No concurso "Sensores para todos", os alumnos de 4º PDC: Rocío Correa, Jessica Cortizo, Ernesto Fraguas, Sandra García, Tamara López, Andrea V. Mijares, Nicolás Ogando, Rodrigo Torres e Ivo Varela.

 
Momento da entrega de premios aos alumnos de 4ºPDC
 
Para obter unha información máis detallada, preme nas seguintes ligazóns aos blogues de aula "Trasteando no Chano Piñeiro" e "Flor de Toxo".
 

Tags: Tecnoloxías

Día da Ciencia en Galego 2014

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o pasado 4 de novembro celebramos no instituto o Día da Ciencia en Galego. Así, todos os alumnos, alumnas e profesores puideron visitar os diferentes obradoiros que, para a ocasión, prepararon os departamentos de Matemáticas, Música, Bioloxía, Tecnoloxía e Lingua Castelá. Ademais, como novidade, este ano convidamos aos nenos e nenas do cole a que se achegasen connosco ao mundo da ciencia.

Xogando coa química     Sensores

Tedes toda a información sobre as actividades que desenvolvemos nesa xornada no blogue da Equipa de normalización (Lingua de Montes) pero, a modo de aperitivo, preme na imaxe para ver o vídeo-resumo.

Vídeo resumo

Tags: ENDL

Lingua de Montes Dixital Curso 2013/2014

Rematando o curso, presentamos esta nova publicación dixital coa que queremos facer un pequeno percorrido polas actividades desenvolvidas polo EDLG ao longo do curso. Vaia por diante o noso agradecemento a todos os Departamentos Didácticos que colaboraron connosco e, como non, a todo o alumnado que, dunha maneira ou doutra, nos botou unha man nos últimos meses. 

Para botarlle un ollo á revista, só tedes que premer sobre a imaxe!

 

Tags: ENDL