Blog FP Dual

Novas

 20/07/20

 Véñense de publicar as listaxes de persoas con praza adxudicada para proxectos de formación profesional dual para o curso 2020/21.

No noso centro foron seleccionadas oito persoas para cursar o  Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial. Parabéns a todas elas, deberán agora matricularse antes do día 27 de xullo ás 13:00 horas.


 15/07/20

 Hoxe publicáronse as listaxes definitivas de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020/21.

Finalmente foron 15 as persoas interesadas en cursar o Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial no I.E.S. Manuel Chamoso Lamas. O vindeiro venres 17 de xullo continuarase co proceso de selección por parte das entidades colaboradoras.

 


 

9/07/2020

 

REGADual

 

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa creou, mediante a Resolución do 22 de marzo de 2019, a Rede galega de dinamización da FP dual e a figura do responsable de dinamización de FP Dual.

 

A Rede traballa no maior achegamento entre a Formación Profesional e as empresas, de xeito que se atendan as necesidades de persoal cualificado dos diferentes sectores produtivos e se favoreza a mellora da competitividade e desenvolvemento do noso tecido produtivo, e a Industria 4.0.

 

47 centros de toda Galicia forman parte de Regadual, e están dotados cada un dunha persoa responsable da dinamización da FP dual a tempo completo. O I.E.S. Manuel Chamoso Lamas forma parte da Rede galega de dinamización da FP dual dende a sua creación.

 

 

Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial

Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial que  se oferta no Chamoso Lamas estructúrase en dous cursos académicos, e o tempo de formación dos alumnos no centro e nas empresas repártese do seguinte xeito:

 

 Primeiro curso 
set. out. nov. dec. xan. feb. mar. abr. maio xuño xullo ago. set.
  Formación no centro educativo Actividade profesionalizadora/formación na empresa  

 

FP Dual

Qué é a FP dual?

Unha modalidade de FP na que a formación curricular repártese entre o centro educativo e a empresa.

A quen vai dirixida?

A persoas maiores de 18 anos, ou que os cumpran o ano en que comeza o ciclo.

Qué obxectivos ten?

A inserción laboral do alumnado e a mellora da competitividade das empresas.

 

As características principais da FP Dual son as seguintes:

 

Duración do ciclo

   De dous a tres anos

Actividade do alumno na empresa

   Formación curricular

   Formación complementaria

Distribuir contido