Skip to Content

FP Dual

Qué é a FP dual?

Unha modalidade de FP na que a formación curricular repártese entre o centro educativo e a empresa.

A quen vai dirixida?

A persoas maiores de 18 anos, ou que os cumpran o ano en que comeza o ciclo.

Qué obxectivos ten?

A inserción laboral do alumnado e a mellora da competitividade das empresas.

 

As características principais da FP Dual son as seguintes:

 

Duración do ciclo

   De dous a tres anos

Actividade do alumno na empresa

   Formación curricular

   Formación complementaria

   Actividade profesionalizadora

Estancia do alumno na empresa

   Dende 4 meses ata 12 ou máis

Porcentaxe mínima de formación curricular
na empresa

   33 % (mínimo 660 horas)

Remuneración

   Proporcional ao tempo que o alumno
   adique á actividade profesionalizadora

Vacacións

   Mínimo 1 mes/ano

Seguridade Social

   Obrigatoria, bonificada para o alumno
   e a empresa

 

 

Cal é a vinculación do alumnado coa empresa? Percibe algún tipo de remuneración?

O alumno pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe.

Os alumnos que cursan un Ciclo de FP dual no I.E.S. Manuel Chamoso Lamas teñen a condición de bolseiros. Perciben unha remuneración por parte da empresa proporcional ao tempo que permanecen nela que non foi adicado á formación.

O importe mensual da bolsa é unha porcentaxe do salario mínimo interprofesional en proporción á actividade profesionalizadora desenvolvida, e non poderá ser inferior á metade da contía do SMI.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Axudas ao desprazamento.

En cada curso publicarase aconvocatoria de axudas ao desprazamento do alumnado matriculado en FP dual, durante o período de estadía na empresa.

Importe das axudas:

  • Ata 300 €. Co centro de traballo dentro da comunidade autónoma.
  • Contía fixa de 200 €. Co centro de traballo fóra da comunidade autónoma.
  • Ata 1.500 €. Co centro de traballo fóra do territorio español.

 

Cando é o prazo de matrícula?

Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Toda a  información nesta ligazón.

Consulta aquí a convocatoria de xuño de 2022.

 

Qué ciclos se poden estudiar en Galicia nesta modalidade?

A oferta actual pódese consultar nesta ligazón.

 

Qué ciclos se poden estudiar nesta modalidade no I.E.S. Manuel Chamoso Lamas?

No noso centro ofértanse nesta modalidade os seguintes ciclos:

Ciclo Superior de Automatización e robótica industrial.

Ciclo Medio de Electromecánica de maquinaria.

Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría.

 

Programa de mobilidades.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou un programa de mobilidades para alumnos de FP dual de entre 5 e 10 días no ámbito territorial dos países da Unión Europea.

As bolsas poden ser, para cada participante, de ata 100 €/día para gastos de aloxamente e manutención e de ata 600 € para gastos de desprazamento e desenvolvemento de actividades.

 

Máis información no folleto adxunto:

    

 

Premios FP dual Galicia.

No ano 2019 creouse un premio de carácter anual.

  • PREMIOS A EMPRESAS E INSTITUCIÓNS
    • Mellor práctica de Formación Profesional Dual - pequena e mediana empresa.
    • Mellor práctica de Formación Profesional Dual - gran empresa.
    • Mellor práctica de Formación Profesional Dual - organizacións.
  • PREMIO A TITOR/A DE EMPRESA
    • Mellor titor/a de empresa

 

AdxuntoTamaño
folleto_fp_dual_v3_compressed.pdf2.81 MB

                    

 



page | by Dr. Radut