Comezo de curso 2020-21

(31/08/2020)

Cambio nas datas de comezo de curso: 

  • 1º e 2º ESO: mércores, día 23 de setembro
  • 3º ESO: xoves, día 24 de setembro
  • 4º ESO: venres, día 25 de setembro 

Instrucións definitivas por parte das autoridades educativas  fronte á pandemia de Covid-19.

Seguimos traballando na optimización das medidas organizativas e didácticas, así como na previsión dos diferentes escenarios cos que nos poderemos atopar durante o curso que iniciamos.

Solicitamos e agradecemos de antemán a colaboración e boa disposición de toda a comunidade educativa.

O equipo directivo.