IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Modificacións nas programacións da avaliación de materias pendentes

Debido a que a actual situación de suspensión das actividades lectivas presenciais vai facer imposible a realización das probas escritas para a avaliación de materias pendentes que estaban programadas para a última semana de maio, cada departamento irá publicando nesta páxina as medidas que adopta para adaptar os instrumentos e procedementos de avaliación a esta nova situación, nas materias da súa competencia.

Departamento de Tecnoloxía

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

Tecnoloxía 2º ESO

Tecnoloxía 3º ESO

As medidas para a adaptación das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes de Tecnoloxía son as seguintes: non serán avaliados aspectos relacionados co desenvolvemento de proxectos e non se contempla a realización de proba escrita, de xeito que o único instrumento de avaliación a considerar será a presentación dos traballos propostos ao alumnado nos documentos que se lles entregaron en outubro de 2019 e febreiro de 2020, nos que se detallaba o plan de traballo para a recuperación da materia pendente.
O alumnado que participou no plan de traballo proposto e xa ten avaliación positiva na primeira parte do mesmo, segundo se lles comunicou o día 4 de febreiro, manteñen a nota acadada nesa parte e só teñen que presentar os traballos correspondentes á segunda parte.
A data límite para a entrega dos traballos pasa a ser o 12 de xuño de 2020, e a forma de entrega, mentres persista o confinamento decretado polas autoridades, será mediante documentos de texto ou fotografías remitidas por correo electrónico á dirección maceirafer@gmail.com.

Pablo Maceira Fernández

maceirafer@gmail.com

Ámbito Científico Matemático 2º PMAR

As medidas para a adaptación das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes de Ámbito Científico son as seguintes:  o único instrumento de avaliación a considerar será a presentación dos traballos propostos pola profesora na aula virtual no apartado 2ºPMAR.
A data límite para a entrega dos traballos pasa a ser o 12 de xuño de 2020, e a forma de entrega, mentres persista o confinamento decretado polas autoridades, será mediante documentos de texto ou fotografías remitidas por correo electrónico á dirección ticytecnologia0@gmail.com

Carmen Río Reboredo

ticytecnologia0@gmail.com

 

Departamento de Francés

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

FRANCÉS
1º E 2º ESO

Posto que non poderemos levar a cabo o exame de maio, o departamento de
Francés aplicará os seguintes criterios de avaliación, dependendo da situación de cada alumno no curso vixente:

a) Alumnado que cursa francés este ano e que ten a materia pendente do ano anterior:

Posto que o avance na adquisición da lingua estranxeira supón a reutilización do aprendido con anterioridade, os alumnos que estean a superar de maneira positiva o actual curso e que continúen traballando durante este 3º trimestre pasarán a ter recuperada a materia pendente. Teremos en conta de maneira favorable o traballo de pendentes entregado ata o de agora.

b) Alumnado que non cursa francés este ano pero que ten a materia pendente do ano anterior:

  • Aos alumnos que foron entregando os cadernos de exercicios ata o de agora, faráselles chegar outro que substitúa ao exame. Desta maneira, o traballo entregado con anterioridade suporá un 50% da nota e o novo caderniño será o outro 50% do total.
  • A aqueles alumnos que non entregaron nada durante o curso presencial, entregaráselles un caderno de actividades global equivalente ao que fixeron os seus compañeiros durante todo o curso.

Isabel Tojeiro Luaces

cataboisenfrances@gmail.com

 

Departamento de Matemáticas

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

Matemáticas 1 ESO
Matemáticas 2 ESO
Matemáticas 3 ESO
As medidas para a adaptación das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes de Matemáticas son as seguintes: non se contempla a realización de proba escrita, de xeito que o único instrumento de avaliación a considerar será a presentación dos boletíns propostos ao alumnado na Aula Virtual. O alumnado que xa ten avaliación positiva na primeira parte, segundo se lles comuicou no centro e via  email, manteñen a nota acadada nesa parte e só teñen que presentar os traballos correspondentes á segunda parte.
A data límite para a entrega dos traballos pasa a ser o 12 de xuño de 2020, e a forma de entrega, mentres persista o confinamento decretado polas autoridades, será mediante fotografías remitidas por correo electrónico á dirección:
raquelcrespoaulavirtual@gmail.com

Raquel Crespo Esteban

raquelcrespoaulavirtual@gmail.com

 

Departamento de Lingua Galega

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

LINGUA GALEGA E LITERATURA
1º ESO
2º ESO
O Departamento de Lingua Galega acorda as seguintes modificacións no procedemento para a cualificación das materias pendentes:
• Non se realiza o exame final presencial.
• As dúas entregas de tarefas propostas para reforzo e apoio, terán un valor do 80% da cualificación final.
• A data límite das entregas, para o alumnado que aínda non o fixo, múdase para o 30 de maio.
• O seguimento da evolución do alumnado no curso actual (presencial e telemático), referente á adquisición de contidos do nivel que ten que recuperar, terá un valor do 20% da cualificación final.

Helena González Saavedra

helenaaulavirtual@gmail.com

 

Departamento de Xeografía e Historia

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

Xeografía e Historia

Debido a situación excepcional de confinamento no fogar por mor da epidemia de COVID, para a avaliación das materias pendentes de XEOGRAFÍA e Historia de  cursos anteriores, modifícanse as medidas de seguimento, recuperación e avaliación, determinándose:

  • Non realizar  a proba escrita prevista pra o mes de maio.
  • O único instrumento de avaliación serán as actividades propostas, que foron e entregadas (libro e fotocopias), ao alumnado.

A forma de entrega, mentres persista o confinamento decretado polas autoridades, será mediante documentos de texto ou fotografías remitidas por correo electrónico semanalmente. Recordade que hai que contestar a todas as cuestións con criterios de orde, atención, rigurosidade, claridade, precisión....
A data límite para a entrega dos traballos pasa a ser o 12 de xuño  de 2020.
Desde o departamento pregamos aos alumnos que mostren interese para recuperar a materia pendente.
Un saúdo. O departamento de Xeografía e Historia.

Emilia Saavedra  Seijo
Emiliaaulavirtual@gmail.com
 
Mª Rosa Rodríguez Serantes
mrserantes@edu.xunta.es

 

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

Bioloxía e Xeoloxía
1º ESO

Ámbito científico - matemático
3º PMAR

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía establece as seguintes modificacións no procedemento e instrumentos de avaliación das materias pendentes:

  • Anúlase a 2ª proba parcial, de xeito que esta segunda parte da materia será avaliada unicamente mediante o plan de traballo consistente na realización das actividades que foron entregadas pola profesora durante o curso presencial.
  • A proba final de Maio destinada a recuperar a parte ou partes avaliadas negativamente de forma parcial non se contempla, polo que o único instrumento de avaliación será o plan de traballo. Aqueles alumnos que non entregaron nada durante o curso teñen uns boletíns de actividades equivalentes aos que fixeron os seus compañeiros na aula virtual dentro do curso de Bioloxía e Xeoloxía.

A data límite para a entrega dos traballos pasa a ser o 12 de xuño de 2020, e a forma de entrega, mentres persista o confinamento decretado polas autoridades, será o envío destas ao correo electrónico: noemiaulavirtual@gmail.com

Noemí Martín Suárez

noemiaulavirtual@gmail.com

 

Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

EPVA 1ºESO

O alumnado que teña suspensa a asignatura recibirá traballo específico para a súa recuperación. O docente porase en contacto  para dúbidas a través do correo electrónico.
As tarefas estarán en Aula virtual na asignatura EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL PENDENTES 1º. Faránse actividades semanales e para aprobar hai que ter feitas tódalas láminas. As láminas representan o 100% da nota final.

Sonia Fernández Alonso

plasticaaulavirtual@gmail.com

 

Departamento de Lingua Castelá e Literatura

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

Lengua castellana y literatura
1º, 2º y 3º ESO
Dada la excepcional situación derivada del COVID-19, se hace necesario modificar los procedimientos de evaluación del alumnado con la materia suspensa de cursos anteriores. En consecuencia, desde el Departamento de Lengua Castellana y Literatura se toman las seguientes medidas:
-El boletín de ejercicios que el alumnado tenía que entregar en el mes de enero sumará un 40% de la nota general.
-Semanalmente y hasta final de curso, se irán colgando en el Aula Virtual tareas que sumarán hasta un 60% de la nota general. Para superar la materia pendiente de cursos anteriores es imprescindible entregar estas tareas.
Rubén Anido Regueiro

rubenlenguaprofe@gmail.com

 

Departamento de Física e Química

Materias Medidas adoptadas

Docente responsable e correo de contacto

Promoción de estilos de vida saudables

1º ESO

Debido a imposibilidade de facer exames presenciais e logo de non entregar as dúas fichas a o longo do curso, como estaba previsto, nos vemos na obriga de cualificar con un traballo sobre o estilo de vida saudables. A data límite é o 19 de xuño. O alumnado debe poñerse en contacto co responsable a través do correo electrónico.

Mercedes Leira Martínez

merceaulavirtual@gmail.com

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer