Departamento de Orientación

RECOMENDACIÓNS PARA ESTES DÍAS


    Durante este tempo que imos ter que quedar na casa polo Coronavirus, é importante que teñas unha rutina diaria e que non pases todo o día nin có móbil, nin co ordenador ou coa consola. Hai tempo para todo, xa o sabes!, así que… organízate e prográmate, de xeito que aproveites ben o día!


    O profesorado está a mandar tarefas a través da Aula Virtual e de E-dixgal que terás que facer, así que o máis recomendable é que sigas co horario de clase habitual, atendendo a cada materia segundo o teu horario e deixando os recreos para facer os descansos. Se o fas así, de seguro que che van quedar as tardes libres para adicarte a outras cousas: escoitar música, ler, ver algunha serie que che gusta, xogar en familia a algún xogo de mesa (é o tempo de aproveitar e pasar tempo divertido xuntos).


    Xa que estás na casa podes colaborar tamén coas tarefas domésticas, que supoño xa estarías a facer: facer a túa cama, ordenar a túa habitación, pasar a aspiradora, poñer a mesa….xa sabes!


    Moito ánimo, que isto seguro que pasa pronto!!!

 

Dende o Departamento de Orientación, ademais da información relativa á orientación académica e profesional, iráse subindo á aula virtual do centro: orientacións para a xestión psicolóxica do coronavirus e recursos para levar mellor o confinamento.

Xa está dispoñible para o alumnado de 4º ESO materiais para preparar as probas libres de acceso a ciclos de grado medio de Formación Profesional.

Para dúbidas ou consultas: garciacaruncho@edu.xunta.es

Tamén podedes contactar directamente coa profesora de apoio educativo (Pedagoxía Terapéutica) na dirección de correo: ritaaulavirtual20@gmail.com