Jaca 08

Ola a todos e todas!! como estades?¿ a verdade é que ultimamente eu ando media despistada e non me acorda pasar por aquí pero creo que débovos un pequeno resumo do que foi a excursión da neve.

Saímos o Domingo 30 de Marzo ás 6 e media da mañá( case morro o erguerme da cama tan cedo), e paramos no camiño para xantar e estirar as pernas, a verdade e que a viaxe de ida fíxoseme longuísima, pero ó final polo menos falei cos compañeiros e amigos e non foi tan malo Burla

Cando chegamos( mortos polo cansancio) fomos ás nosas habitacións, a verdade é que non estaban nada mal^^ aínda que algúns saíron a maioría quedamos no hotel a descansar e ese día quedamos durmidos cedo^^

Ó día seguinte fomos por primeira vez ás pistas, WOW no queda outra expresión mellor, a verdade, porque foi xenial!! pasamola de vicio, chegamos e a pesar de que nevaba( que iluuu) fixemos as clases, a min de feito encantoume toda a leria de esquiar e ise , pasamos a tarde esquiando a maioría e a iso das 5 marchamos para o hotel, nos duchamos, puxemos ropa de calle e algúns sairon e outros coma min quedamos no hotel^^

Así foron pasando os días, a verdade é que como todos os días nos portabamos bastante ben, nos deixaron saír cada día un pouco máis tarde, o xoves de feito saímos de carallada por alí por Jaca e a pasamos moi ben( a pesar de que algún veu bon ) hehehe en fin que o venres a maioría non queríamos marchar, eu de feito quedaba otra semana máis por alá.

Anecdotas: Se ides ó gran hotel de Jaca, non subades no ascensor que non é, non vaia a ser que vos atopedes no piso que non é :s xD

Se buscades algún sitio do pobo non sigades as conchas, que vos traen a Santiago jeje

Se bebedes, non cheguedes facendo S pola rúa, que vos poden cachar!!

Coidado coas caídas non vos pase coma a min, que din tres voltas no aire^^

Bebede auga non vos pase como a Oscar que se desidratou e tivose que quedar no hotel sen subir a esquiar!! :S:S

En fin que pasamola Xenial!!!!

 

moitas gracias a Alfonso por esforzarse para organizar a viaxe.

 

Gracias tamén ós meus compañeiros por facerme pasar unha semana inolvidable querovos moito^^

 

Bikiños

 

Andrea^^