Terceiro trimestre

Actividades extraescolares do terceiro trimestre do curso actual

Actividades Extraescolares Terceiro Trimestre 2017-2018

Plan Proxecta: "Aprende a comer e corre 1 km diario"

O instituto participou neste curso no Plan Proxecta, neste proxecto para mellorar os hábitos alimentarios de toda a comunidade educativa, potenciar estilos de vida activa e a utilización de parámetros de vida saudable.

Educar os nenos/-as e os adolescentes en Hábitos Saudables, desde unha idade temperá, resultará a medida preventiva máis eficaz para mellorar a súa saúde ao longo de toda a súa vida. Establecendo rutinas saudables, ensinándolles a coñecer as propiedades, calidades e beneficios dos alimentos, estaremos investindo en saúde.

No blog  https://alimentateben-castrodauz.blogspot.com/ podes ver todas actividades levadas a cabo durante o curso.

   

 

21/06/2018 Iniciación ao Surf

O derradeiro día de clase, os alumnos de 1º e 2º ESO trasládanse ás praias de Ferrol a unha sesión de bautismo de Surf e outras activiades acuáticas.

 

19-24/06/2018 Viaxe a Florencia

Como remate da súa andaina no noso instituo, os alumnos e alumnas de 4ºESO vanse de viaxe de fin de etapa a Florencia, visitando os sitios de maior interese como o Duomo, Galleria de l'Accademia, Galería Uffizi, etc. Tamén farán unha excursión de día completo a Siena-Pisa-San Gimignano.

 

 

 

 

15/06/2018 Entrega premios Eduemprende en Santiago
Este venres acudimos a Santiago á clausura e entrega dos premios do programa “Atrévete” de fomento do emprendemento. Parabéns ao alumnado de 1º ESO participante no concurso, e en especial aos dous gañadores: David e Jimena. A continuación aproveitamos a visita a Santiago para visitar as instalacións do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). 

 
 
 

08/06/2018 Visita ao Muncyt

Visita a o Muncyt da Coruña, na que participaron en talleres prácticos de electricidade e electrónica. Asistiron os alumnos/as de 1ºFPB.

 

08/06/2018. Recepción alumnos/as de Primaria

Os alumnos e alumnas de 6ºEP dos colexios da vila que están matriculados para curso 2018-19 foron recibidos nesta xornada para coñecer as novas instalacións, os seus novos compañeiros, etc.

 

01/06/2018 Roteiro Pontedeume e Redes

Nesta nova saída do depto. de Xeografía e Historia, tocoulle ás vilas mariñeiras de Pontedeume e Redes nun fermoso roteiro ao que asisitiron os alumnos e alumnas de 2ºESO. Velaí o video da actividade.

 
 

4/06/2018  Visita Escudería Vallejo Racing

Os alumnos de Electromecánica de Vehículos visitaron as instalacións da Escudería Vallejo Racing, en Lugo, para ver as últimas novidades na preparación de coches para competición.

 

 

31/05/2018  Visita Pull & Bear Narón

Visita dos alumnos e alumnas dos ciclos de Administración e Finanzas e Sistemas Microinformáticos e Redes ao novo centro loxístico de Inditex en Narón

Esta sede, inaugurada en 2016, está equipada con modernos sistemas teconolóxicos e de sostenibilidade ambiental.

 

31/05/2018 Mostra proxecto automoción

Alumnos do ciclo de grao medio de Electromecánica de Automóbiles realizaron unha demostración do seu traballo no taller. Nun tiempo récord, en menos de 30 minutos, desmontaron unha caixa de cambios, abrierona, volveron a montala e a colocaron nun vehículo. E un traballo co que se pretende visualizar e dar a coñecer os proxectos que levan a cabo no taller. No evento estiveron presentes alumnos de 3º e 4º ESO do instituto.

 

28/05/2018 Taller de Educación Sexual e Afectiva

 
Taller de sexualidade co título: Falamos de sexualidade? Construindo desde o bo trato. Destinado a alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º curso da ESO. 
Traballaron desde mitos e falsas creenzas, identidade e orientación, e o bo trato persoal, relacional e social como centro das relacions.
Impartiu a especialista Jeane Costa de "Sexología Atlántica"
 
 
 

24-25/05/2018 Fragas do Eume/Monfero

Nesta volta, a saida polas fragas do Eume foi de dous días, facendo noite no camping de Pontedeume e visitando tamén o mosteiro de Monfero. Asistiron os alumnos e alumnas de 3ºESO.
 
 

22/05/2018 Roteiro por Conxo

Os alumnos e alumnas de 4ºESO fixeron  este venres este roteiro na zona de Compostela.

En marzo de 1856 tivo lugar en Conxo un banquete de gran trascendencia. Organizado por Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, obreiros e estudantes runíronse nun acto de reinvindicación dos valores revolucionarios de Igualdade, Liberdade e Fraternidade. O "Banquete de Conxo" pasará á historia como referente simbólico e influirá de maneira determinante no Rexurdimento. Nós decidimos viistar ese mítico lugar para poder comprender mellor a fermosa historia que alí aconteceu.

 

 18/05/2018 Roteiro polo Río Cuberto 

Nova saída do departamento de Xeografía e Historia, nesta volta polo Río Cuberto (A Capela), cos alumnos e alumnas de 1ºESO. Aí tedes un video da actividade:

 

16/05/2018 Teatro "Leonardo e os Fontaneiros"

Para a conmemoración do día das letras galegas os nos alumnos e alumnas dos catro cursos da ESO asistiron a respresentación organizada polo Concello das Pontes  desta obra da autora María Victoria Moreno.

 

 
15/05/2018 Roteiro Fervenzas Somede


Saída do departamento de Xeografía e Historia cos alumnos de 2ºESO.  Na nosa canle de Youtube tedes un video da actividade.

 

11/05/2018 Charla Iniciación ao Surf

 
 Esta foi unha xornada preparatoria para a actividade de surf que terán o derradeiro día lectivo do curso. Tratou de temas importantes sobre este deporte, que logo empregarán na praia o día da actividade. Dirixida a 1º, 2º e 3º ESO.

 

 

09/05/2018 Taller de primeiros auxilios e RCP

 

 

Como complemento do módulo de FOL, no bloque de Riscos Laborais, contamos coa colaboración da Cruz Vermella para ofrecer un taller práctico das técnicas básicas de primeiros auxilios: RCP, maniobra Heimlich, etc. Foi dirixido a alumnos/as de 1ºAF, 1ºSMR e 1ºME.

 

 

 

 

 

 

03 e 11/05/2018 Formación Endesa

 

 

Un ano máis Endesa, a través do seu programa de Voluntariado dos seus empregados, ofrécenos unha serie de formación tanto en charlas como en visitas á central. Nestas dúas xornadas tivemos charlas para os nosos alumnos e alumnas de ciclos formativos:

 

  • Prevención Riscos Laborais en Instal. Industriales
  • Organización de Procesos de Mantemento 
  • Motivación e Emoción
  • Proceso e organización de mantemento mecánico

 

 

 

 

 

 

 

 

27/04/2018 Charla Prevención Incendios

 

Como continuación á visita á Serra do Xurés para reforestación das áreas queimadas neste inverno, o doutor en Bioloxía Serafín González Prieto, membro do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, ofreceunos unha visión completa das causas dos incendios, medidas que podemos tomar para a súa prevención, etc. Asistiron todos os cursos da ESO.

 

 charla prevencion incendios

 

26/04/2018 Visita FP Innova Galicia

Os alumnos e alumnas dos ciclos de 1ºSistemas Microinformáticos e Redes, 1º de Informática de Oficina, Mantemento Electrónico e Electromecánica de Vehículos asistiron ao congreso FP Innova Galicia en Santiago de Compostela.

25/04/2018 Teatro en Inglés + Aquarium Finisterrae

Dirixida a alumnos/as de 1º ESO, esta xornada consistiu nunha obra de teatro en inglés, en Vimianzo, e a visita ao Aquarium Finisterrae na Coruña. Ao mediodia o xantar foi na Domus, tamén na Coruña.

 

 

23/04/2018. Suprime o Control. Charla para as familias.

Como derradeira actividade deste proxecto asinado coa Diputación, tivemos unha charla coas familias para debater sobre a temática do traballo desenvolvido polos alumnos e alumnas: a violencia de xénero. Comentáronse tamén a visión e a respostas dos alumnos/as ante ante as situacións plantexadas.  

20-23/04/2018. Día do Libro en Barcelona

Os argalleiros e argalleiras das letras celebraron o Día do Libro en Barcelona. Pasearon polas ruas, visitaron o Parque Güell, a Sagrada Familia, o Nou Camp, etc. e desenvolveron as lecturas planificadas, elaboraron o poema coas verbas tomadas das lecturas. Velaí un video resumo da actividadeOs argalleiros e argalleiras das letras celebraron o Día do Libro en Barcelona. Pasearon polas ruas, visitaron o Parque Güell, a Sagrada Familia, o Nou Camp, etc. e desenvolveron as lecturas planificadas, elaboraron o poema coas verbas tomadas das lecturas. Velaí un video resumo da actividade.

 

13 e 20/04/2018. Atrévete - Eduemprende

Dentro do programa Atrévete do Proxecto Eduemprende, os alumnos/as de 5ºEP e 6ºEP do  CEIP A Magdalena visitaron o noso centro e participaron en distintas actividades: unha charla de emprendemento, talleres creativos, visita ás instalacións, etc.

 
12/04/2018 Taller do técnico local de emprego.

Desde o Concello das Pontes, ofrecéronnos esta charla sobre búsqueda activa de emprego no que se trataron temas como a elaboración do curriculum vitae, a preparación das entrevistas de traballo,etc. Foron dúas charlas, unha para os alumnos/as de 4ºESO e outra para os alumnos/as de Ciclos formativos e ensinanzas de adultos.

09/04/2018 Charla A.F.A.E.S Porta Nova sobre Saude Mental

A asociación A.F.A.E.S Porta Nova de Ferrol dentro do seu proxecto "Programa Descubre:No bloquees tu salud mental" impartiu dúas charlas, unha aos nosos alumnos e alumnas de FP Básica de Informática de Oficina e outra aos alumnos/as de 1º,2º ESO

“se estima que la prevalencia de problemas de salud mental en la población infantil y adolescente de nuestro país está entre un 10% y un 20%, y que más del 70% de todos los trastornos mentales comienzan antes de los 18 años. Por este motivo es importante trabajar en la prevención lo antes posible, para que los más jóvenes dispongan de pautas y herramientas que les permitan reconocer de forma temprana la aparición de los primeros signos de estos trastornos, y también para aprender no estigmatizar a las personas por este motivo”.

06/04/2018: Obradoiro sobre plantas celtas

Dentro do proxecto da Alameda das árbores celtas, o equipo da biblioteca preparou un interesante taller con actividades sobre as plantas celtas. Contaron coa presenza da farmacéutica Camino Pérez Martín que lles achegou ás características e propiedades de distintas plantas como a menta, valeriana, etc.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

04/04/2018: Curso TPV ABanca

Os alumnos e alumnas do ciclo de Grao Superior O departemento de Administración e Finanzas asistiron a este curso de TPV organizado por ABanca no IES Terra de Trasancos en Narón

Distribuir contido