Segundo Trimestre

Actividades extraescolares do segundo trimestre do curso actual

Actividades Extraescolares Segundo Trimestre 2017-2018

21/03/2018: Visita CESGA - Amtega
O departemento de Informática organizou esta saída a Santiago de Compostela cos alumnos e alumnas do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e redes para ver dous dos DataCenters máis importantes da nosa comunidade autónoma: o primeiro o centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o segundo ao da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.
 
  

21/03/2018: Actividade do Obradoiro CAB

Os xogadores do Obrairo de Santiago, equipo da ACB, desprazáronse ata As Pontes para desenvolver esta actividade cos colexios da comarca. Os alumnos e alumnas do noso IES foron seleccionados para entrevistar en inglés aos xogadores americanos do equipo.

El Monbus Obradoiro y Endesa se vinculan a través de un acuerdo de patrocinio para la presente temporada de la Liga Endesa. Este compromiso entre ambas entidades se ha hecho público esta mañana con motivo de la visita que los miembros del primer equipo han realizado a la Unidad de Producción Térmica (UPT) de As Pontes, el mayor centro generador de la compañía en España.

El acuerdo entre ambas partes incluye la creación de la Zona Endesa, un área exclusiva a pie de pista en la que catorce niños practicantes de baloncesto podrán seguir un partido de competición oficial y saltar a la cancha en el descanso para jugar unos minutos, además de hacer pasilo a los jugadores cuando se retiren al vestuario. El próximo domingo, en el partido entre el Monbus Obradoiro y el FC Barcelona Lassa, disfrutará de esta oferta el Club de Baloncesto As Pontes. También merced al patrocinio de Endesa, se ofrece a todos los aficionados la posibilidad de comprar un segundo abono a mitad de precio para lo que resta de Liga Endesa.

Como parte de la estrecha relación que establecen con este mecenazgo, la plantilla al completo ha visitado la central de As Pontes, donde han sido recibidos por el director general territorial Noroeste, Miguel Temboury, y por el director de la UPT As Pontes, Marcello Rinaldi.

 

Tras el paso por la central, los jugadores se han reunido en el pabellón municipal de deportes con cuatrocientos niños que habían sido convocados por Endesa con el apoyo del Ayuntamiento, cuyo concejal de Deportes, Jesús Tembrás, ha estado presente. Durante más de una hora, los miembros del equipo han hecho demostraciones y juegos con el público, firmando autógrafos, repartiendo regalos e incluso los jugadores Matt Thomas y Ben Simons se han prestado para una clase práctica de inglés con treinta alumnos de esa asignatura del IES Plurilingüe Castro da Uz.

 

20/03/2018: Talleres de Cúpulas de Leonardo

Taller de cúpulas: con piezas de 50 cm con cuatro muescas construimos estructuras sin ningún tipo de sujección que se mantienen gracias a la gravedad y el encabalgamiento mutuo de los segmentos. Este tipo de estructuras se conocen con el nombre de cúpulas de Leonardo pues fueron encontradas las explicaciones de cómo construírlas entre unos apuntes del famoso genio Leonardo da Vinci.

 

 

20/03/2018: Fervenza do Belelle

Organizado polo departamento de Xeografía e Historia, os alumnos e alumnas de 2º de FP Básica de Informática de Oficina, desevolveron esta andaina arredor da fervenza do Río Belelle en Neda. Velaí tes un video da actividade.

 

 
 

19 e 23/03/2018: Talleres Intelixencia Emocional

Penúltima sesión dos talleres da Asociación "Adiante" con dinámicas sobre intelixencia emocional. Neste caso os grupos de ESO e FP Básica traballaron fóra das aulas, no pavillon, actividade física e reflexión sobre o traballo desenvolvido.

 
 
16/03/2018: Visita a Escola Politécnica de Ferrol

Os alumnos e alumnas do ciclo de Grao Superior de Mantemento Electrónico visitaron o Campus de Serantes. Ao rematar o ciclo poden acceder directamente a calquera grao universitario, en especial aos Enxeñería Electrónica Industrial e Enxeñería Eléctrica.

https://youtu.be/pBdyWKXgMrM

 
05/03/2018: Teatro clásico e teatro en Francés
 
 
 
 
 
Este luns tivemos unha doble xornada de teatro. Por unha banda os alumnos/as de 1º,2º e3º da ESO asistiron no cine Alovi á obra de teatro en fracés "Vis la vie en rose", mentres que os alumnos/as de latín de 4ºESO desprazáronse a Lugo para asistir a dúas representacións en latín: unha comedia e unha traxedia.
 
 
 




01 e 02/03/2018: Reforestación en Lobios

Despois dos lumes que arrasaron Galicia o pasado outono, un grupo de alumnos e alumnas voluntarios de varios cursos da ESO emprenderon esta viaxe de reforestación nos montes de Lobios. Aproveitaron a viaxe para facer a ruta dos poetas, visitar varios museos, termas, etc. 

 
Este foi o plan da saída:

DÍA 2 de marzo:

8:30 Saída de As Pontes

11:30 Chegada a Celanova. Recepción na praza maior (ou oficina de turismo) e visita á Casa dos Poetas

RUTA LITERARIA DE CURROS ENRÍQUEZ E C. E. FERREIRO.

12:15 Lectura fragmento poema "A igrexa fría" na Praza Maior

12:30 Visita ó Mosteiro de Celanova

13:30 Lectura do poema de Celso Emilio Ferreiro na cela "Longa noite de pedra" (ou na biblioteca do IES se non hai tempo)

13:45 Subida á Torre das Campás e visita á biblioteca do IES Celanova

16:00h-16:30h         Chegada a Lobios

16:30h           Recepción en Centro de Interpretación ou directamente en Río Caldo (segundo previsión meteorolóxica)

17:00h           Fronteira portuguesa de Portela do Home (paisaxe tras-fronteriza. Parque Nacional do Gerés en Portugal - Parque Natural Xures en Galicia) (bus)

17:30h           Miliarios (bus)

17:45h           Ruta de 1 1/2 horas camiñando por Calzada romana ata aldea de Río Caldo. Observación da paisaxe, monte queimado, especies autóctonas, Fervenza da Fecha, Vila termal Aquis Originis, observación do río e depósitos de residuos por efectos do lume,...

19:30h           Río Caldo (baño en pozas augas termais)    http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/ruta-PN%20Xur%C3%A9s%20R%C3%ADo%20Caldo.pdf 

20:00h-20:30h         Saída para albergue Mugueimes, Muiños (bus, 18km, 23 minutos)

 

 DÍA 3 DE MARZO

 9:00h             Saída cara Salgueiro.  https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/osalgueiro/ 

 Visita de zonas queimadas, estudo flora e fauna autóctona, estudo efectos incendios, barreiras naturais para protexer ríos, plantación de landras autóctonas,...

15:30h           Saída cara Santa Comba de Bande (bus, 20 minutos dende Muiños, pero non sei exactamente canto tempo dende o lugar de traballo)

 16:00h           Visita á Igrexa Visigótica do século VII,  Santa Comba de Bande. (A igrexa máis antiga de Galicia)

                          http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5282/igrexa-monacal-de-santa-comba-de-bande?langId=es_ES

16:30h           Visita campamento romano de AQUAE QUERQUENNAE - VIA NOVA

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/31634/centro-de-interpretacion-aquae-querquennae-via-nova-?langId=es_ES

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/aquis-querquennis-campamento-romano/

Augas termais da casa de Baños romana (podemos aproveitar para darnos un baño)

https://elpais.com/cultura/2017/07/20/actualidad/1500544346_468359.htm 

18:30h           Saída cara As Pontes

 

 
 
 
01/02/2018: Visita a EINSA
 
 

Os alumnos e alumnas do ciclo superior de Mantemento electrónico visitaron as instalacións de EINSA PRINT no polígono de Perrapurreira, onde lles amosaron o proceso de impresión profesional de comezo a fin.

 
 
28/02/2018: Premios microrrelatos "Lingua de namorar"

Chegou o momento de saber o gañador ou gañadora dos microrrelatos de "LINGUA DE NAMORAR" organizado polo equipo da Biblioteca.Houbo que esperar ata o último día de febreiro para que o xurado, formado por: Mª José ( a nosa orientadora), Guillermo ( o noso profe de filosofía), Ana ( a profe de informática) e Servando ( profe de automoción)  dese o seu veredicto. Compartimos o segredo que estivo agochado durante tanto tempo...

  
1º PREMIO: VICENTE IGLESIAS (4ºESO)
Dende o meu primeiro alento
 
estivestes aí.
Bico tras bico, sorriso tras sorriso,
caricia tras caricia
coidándome,
agarimándome,
COMIGO.
 
Días de chuvia, de neve,
renunciando ao voso tempo
por min, só por ver un humilde sorriso
na miña cara.
 
Mediante un xesto  podería devolvérvolo todo:
o eterno recordo.
Por iso e por moito máis
Grazas! 

  

2º PREMIO: ALICIA CAO (4ºESO)
Un bico, unha aperta, botar de menos, querer de máis, parar o tempo ou que se nos pare, celos, paixón, amar, pelexar, mirar, sorrir, vicios, latexos fortes, amar, pensar, sentir, confiar, dor, nervios, ilusións, perdoar, querer, gustar, bágoas... Unha chea de palabras ás que só se lles pode asignar un sentimento.
 
 
3º PREMIO: ALBA ROMERO (1ºESO)
Cun só movemento xa estás escoitando harmonía, unha paz interior que é moi difícil de explicar. Ese son sae dun instrumento chamado violonchelo. Un arco e catro cordas son o que fan ese son tan agradable e tan harmonioso. Ese son que enche de ledicia as persoas que o escoitan. É tan simple, que, ás veces, é difícil de entender.
 

 

 
 
 
28/02/2018: Reunión coas familias de 6º Ed. Primaria da vila

Este mércores o equipo directivo e a orientadora recibiron ás familias de sexto de educación primaria da vila, cara á elección de centro que deberán facer en breve para elixir onde estudar a ESO. Na charla amosáronse as liñas de actuación, a forma de traballo, as instalacións, etc.

27/02/2018: Xornada de Orientación Académica e Profesional
Os alumnos e alumnas de 4ºESO e 2º do ciclo de Mantemento Electrónico asistiron a esta xornada  organizada polo IES Leixa en colaboración do Concello de Ferrol, Conservatorio e Cefore. Houbo mesas e relatorios das distintas universidades de Galicia, Escolas de Arte, Centros Integrados de FP, etc. 
 

26/02/2018: Charla sobre alerxias alimentarias
A doutora Iria Carballeira e o doutor Emilio García da Unidade de Alerxia infantil do CHUF ofrecéronnos este taller de Actuacións ante reaccións alérxicas na tarde do luns, para profesores e para alumnos/as de 1º e 2º da ESO.
 
21/02/2018: Visita Reganosa 
Os alumnos e alumnas de 2º,3º e 4º da ESO visitaron Reganosa.
 
"Somos unha empresa dedicada ao transporte e regasificación de gas natural, autorizada e designada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo como xestor da rede de transporte (TSO), tras un proceso de certificación aprobado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia e a Comisión Europea. Os activos que xestionamos son fundamentais para garantir a seguridade de subministración e a diversificación de orixes no ámbito europeo"

 

 

19/02/2018: Talleres Intelixencia Emocional

Continuamos os talleres da Asociación "Adiante" con dinámicas sobre intelixencia emocional. Neste caso os grupos de ESO e FP Básica traballaron fóra das aulas, no pavillon, actividade física e reflexión sobre o traballo desenvolvido.

19/02/2018: Charla sobre lesións medulares

Un representante da asociación AESLEME veu a darnos unha charla sobre as lesións medulares causadas polos accidentes de tráfico. Contoulles en primeira persoa as consecuencias dun accidente grave, e incidiu especialmente na forma de prevenilos: uso do casco na moto ou o cinto no coche, e a importancia de non beber ao volante, etc. 

 

AESLEME nació fruto de la preocupación por el alarmante incremento de lesiones medulares y traumatismos craneoencefálicos causados principalmente por accidentes, debido a las conclusiones de un estudio epidemiológico que realizaron conjuntamente, a finales de los 80, los doctores Juan García Reneses, responsable de la unidad de lesionados medulares del Hospital La Paz y Rafael Herruzo Cabrera, Catedrático de medicina preventiva de la Universidad Autónoma de Madrid.

La Asociación para el Estudio de la Lesión Medular Espinal (AESLEME) es una entidad privada de ámbito nacional sin ánimo de lucro y declarada de utilidad pública dedicada a la prevención de accidentes que provocan lesiones medulares y cerebrales, la mayoría irreversibles: paraplejías, tetraplejías, traumatismos craneoencefálicos, etc.
MISIÓN:

PREVENIR accidentes, mediante campañas de prevención y sensibilización, así como DISMINUIR el número de lesionados graves y fallecidos de origen traumático, a través de campañas de Educación Vial y DAR APOYO Y ASISTENCIA INTEGRAL a las personas  con discapacidad,  a sus familias y amigos.

SENSIBILIZAR a la población sobre las consecuencias de los accidentes y los problemas (físicos, psicológicos y sociales), a los que se enfrentan las personas con discapacidad y MEJORAR LA INTEGRACIÓN SOCIOLABORAL de las personas con discapacidad: formándolas e intentando incorporarlas a trabajar en la asociación.

 

14/02/2018: Test driving Citroen

O venres 14 de febreiro no novo circuito de velocidade de As Pontes os membros do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos participaron no test driving do Citroén C3 Aircross. Desenrolaronse exercizos de freada de emerxencia, slalom asimétrico e cambios e reincorporacións de carril, nun entorno axeitado e seguro a un tempo. Experimentouse tamén en terra, un circuito de handling, e pasos de crestas, zanxas e pontes.
A actividade desenrolarona os membros de Vallejo Racing e Talleres Varela - Citroen.

 

9/02/2018: Festa de Entroido

Este venres 9 de febreiro tivemos a festa de Entroido de 10:30h a 14:10h, e a temática elixida foi o Western.  Tivemos una festa con distintas actividades: no salón de actos, o "Saloon",  houbo talleres de pulseiras e chapas e concurso de lanzamento de ferradura e pulsos.

Tamén tivemos un "photocall" de tipo "Wanted Alive or Dead". As fotos impresas foron espalladas polo instuto, e finalmente fixemos esta montaxe:

Na "Cantina"  os/as representantes do ANPA trouxeron freixós e orellas, zumes e refresco. Os alumnos/as de 4ºESO prepararon doces caseiros, e finalmente, como parte do noso proxecto "Alimentate ben e corre 1km diario" do plan Proxecta, preparáronse cócteles saudables, sen alcol, mesturando zumes feitos no momento.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No pavillón montouse unha atracción de "touro mecánico" onde os máis ousados/as mostraron a súa pericia.

Velaí un video resumo da actvidade.

 
5/02/2018: Charla ludopatía
Os alumnos de 1º e 2º do ciclo básico de Informática de Oficina tiveron esta interesante charla sobre a ludopatía e as súas consecuencias. O ponente pertence á asociación Agalure.
 
Os fins de AGALURE consisten en ofrecer a persoas que padecen a enfermidade da ludopatía ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais e/ou á contorna dos mesmos a atención psicoterapeútica, asesoramento xurídico e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados, mediante un equipo dirixido por profesionais cualificados debidamente titulados.Tamén forma parte dos seus fins sociais a difusión e sensibilización da sociedade respecto dos problemas asociados á adicción ao xogo ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais.
 
agalure
 
 
 
30/01/2018: Contacontos pola paz
Este ano, o grupo de contacontos d@s argalleir@s das letras ( Alejandro, Xoel, Sara, Sabela, Icía, Carla, Cristina, Aarón, Xan, Sheila, Elvira, Sofía e Carmela) , compartiron as súas historias cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo de
 Nadela ( Lugo)
Comezaron a sesión de contos, que este ano tiña novidades e que levaba a seguinte mensaxe 
" A PAZ É UN TESOURO QUE AS PERSOAS INTELIXENTES E BOAS DEBEN PRESERVAR". 
 
 
 
26/01/2018: Visita Expofrain (Lugo)
Os alumnos de 1º e 2º do ciclo de Electromecánica de Automóbiles visitan Expofrain en Lugo.
 
26/01/2018: Visita Arteixo Telecom
O venres 26 de xaneiro o alumnado do CS de Mantemento Electrónico visitou, no Parque Empresarial de Penapurreira, a empresa Arteixo Telecom. Alí atopáronse cunha gran empresa dedicada á fabricación, deseño e comercialización de equipos electrónicos, onde puideron ver a liña de montaxe de equipos e posteriormente a parte de calibración e probas finais.
 
15/01/2018: Visita centro loxístico de Servicio Móvil en Negreira
 
A empresa pontesa Servicio Móvil ten divesos centros loxísticos espallados por toda a península. En Negreira ten un dos principales. Os alumnos e alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas visitaron estas instalacións este 15 de xaneiro.
 
15/01/2018: Charla das Forzas Armadas

Representantes da Escola das Forzas Armadas en Ferrol viñeron a presentarnos a súa oferta formativa e o futuro profesional nas Forzas Armadas.

 
12/01/2018: Eduemprende

Os nosos alumnos de 1ºESO visitaronn este venres a asociación de empresarios SEARA onde disfrutaron da charla dun emprendedor e visitaron a innovadora granxa Xaraleira donde puideron disfrutar da compaña de ratos, cobaias e coellos neste interesante proxecto.
O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

 
 
 
11/01/2018: Charla A Ponte USC

Charla para os alumnos e alumnas do ciclo de grao medio de Electromecánica de Vehiculos sobre os distintos materiais, a súa historia e a súas características.

 Charla "Os materiais: por que os adoro?"

La charla pretende dar a conocer la diversidad del área de los materiales, su tecnología y  sus aplicaciones, y explicar porque trabajar en materiales es divertido y rentable.

Se pondrán tres o cuatro ejemplos de materiales desarrollados en los últimos 10 años, y las consecuencias industriales y económicas  de su aparición. 

Se hará especial referencia a las anécdotas asociadas a su descubrimiento y desarrollo.

Ponente: Francisco Guitián

Distribuir contido