Primeiro trimestre

Actividades extraescolares do primeiro trimestre do curso actual

Actividades Extraescolares Primeiro Trimestre 2018-2019

 15/11/2018 ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME 

Nosos alumnos de  2º de ESO fixeron unha fermosa ruta con saída na central de Ventureira no concello de A Capela, que consistiu nun percorrido circular de 10 km e tivo como colofón a visita ao mosteiro de Caaveiro.

 

9/11/2018 CHARLA PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET

 Os alumnos da ESO e 1º de FP Básica gozaron dunha interesante charla temática do Plan Director sobre os riscos de internet.

 

8/11/2018 VIII MARATÓN DE CINE

O día 8 de novembro os argalleiros e argalleiras das letras participaron na VIII edición do maratón de cine no que se proxectaron entre outras,  películas como Campeones, Hachiko

Nesta ocasión tivemos o pracer de contar con unha representación do alumnado do club de lectura  “Lecturas e andanzas” do IES Muralla de Lugo que compartiron con nos os comentarios que achegaban as películas elixidas.

 

31/10/2018 FESTA MAGOSTO E SAMAÍN

O día 31 celebramos a festa do magosto e Samaín. Anpa Ronsel agasallou coas tradicionais castañas e bolos preñados para toda a comunidade educativa.

Os alumnos da ESO participaron nun concurso de cabazas decoradas, relatos e carteis decorativos, e os mellores foron premiados polo Anpa.

 

 

31/10/ 2018 CHARLA DE FEUGA PARA CICLOS FORMATIVOS

Os alumnos dos Ciclos formativos EVA, ME e SMR asistiron a unha interesante charla da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) sobre elaboración do currículo, becas, programas formativos e técnicas de búsqueda de emprego. 

 

 

29/10/ 2018  CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O alumnado e profesorado da ESO, FPB e CICLOS  participou nunha carreira solidaria contra a leucemia infantil.

Todo o recadado cos dorsais vai destinado ao investigación desta enfermidade.

 

 

26/10/ 2018  VISITA Á MINA DAS PONTES

Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha visita guiada pola mina das Pontes e descubriron moitas curiosidades sobre o proceso de rexeneración da escombreira.

 

 24/10/ 2018  VISITA A NAVANTIA

Os alumnos do 2º curso de ciclo superior de Mantemento Electrónico visitaron a empresa NAVANTIA en Ferrol.

 

 

SEMANA DEL 8 A 11/10 /2018    XORNADAS DE PROMOCIÓN E INTRODUCIÓN AO RUGBY

 Carla da Silva, adestradora do Club de RUGBY  Fendetestas, e outros monitores estiveron con nós  nunhas clases de Educación Física promocionando este fermoso  deporte.

 

 

 

10/10/ 2018  XINCANA SAÚDE MENTAL

 Este mércores, a asociación “Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal” visitounos no día mundial da saúde mental e levou a cabo unha xincana no pavillón para os alumnos/as de 1º e 2º da ESO. A idea foi que a través de xogos populares os alumnos coñecesen de cerca as características, comportamentos e situacións que as persoas con problemas de saúde mental viven diariamente

O seu lema deste ano foi: EDUCACIÓN INCLUSIVA, SAÚDE MENTAL POSITIVA.

 

 

Distribuir contido