Invitación e programa da III Romaría das Letras (24 de maio)

   
A dirección do IES Castro de Baronceli ten o pracer de convidar a todas as familias a participar connosco das actividades programadas para a III Romaría Popular das Letras Galegas. En nome do claustro de profesores, transmitímoslle o desexo de poder contar coa súa presenza nesta xornada de portas abertas, o 24 de maio, a partir das 11:30 horas. 

(Prégase confirmación de asistencia ao Xantar antes do venres, 21 de maio). 

 

Por razóns do calendario, no Baronceli celebraremos o Día das Letras o vindeiro luns, 24 de maio, coa tradicional Romaría. O programa deste ano inclúe:

  • Inauguración da Aula de Plástica co nome do escultopintor verinés XOSÉ RIVADA, que ademais virá o venres (21  de maio) ao instituto para realizar unha "actuación pictórica".
  • Música e baile: interpretacións musicais e coreográficas.
  • Teatro: adaptación da obra Exercicios de estilo de Raymond Quenaeu.
  • Poesía: recital poético en honor de Uxío Novoneyra.
  • Xantar campestre e Corcurso de Larpeiradas.
  • Xogos populares.

Feliz Día das Letras Galegas.

AdxuntoTamaño
III Romaría das Letras Galegas.pdf202.02 KB