Graduación de 2º de bacharelato

O xoves 24 de xuño tivo lugar a celebración da tradicional graduación de 2º de bacharelato. Este ano tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. Durante o acto entregáronse os mouchos aos mellores expedientes do curso (David Castañeda e Antía Pérez de Bacharelato de Ciencias e Ana Xinyao Xu Hong e Alicia Xu Hong de Bacharelato Social e Humanidades) e os diplomas e insignias a todo o alumnado.

O evento foi presentado por Iago García, Laura Castro, María Álvarez e David Castañeda da man do profesor Pablo Samartín. Ademais participaron para amenizar a tarde José Cruz e Brais Martínez, cos seus disfraces de dinosaurio e quenlla, e Xoel Moure como monologuista.

Tamén houbo música da man de Candela Estévez, Malena Lorenzo, Álex Álvarez, Xulia Blanco, a profesora Judith Alonso e varios exalumnos. 

O padriño da promoción foi o noso benquerido profesor Ramón Nicolás que dictou unha fermosa conferencia de despedida. O representante da promoción foi Álex Álvarez e este ano, como representante das familias, Mª José Vallejo adicou unhas emotivas palabras ao alumnado.

[Fotos cortesía de Vilux Fotografía]

Álbum: Curso 2020/2021 -> Graduación 2º bacharelato