Ramiro Fonte: Martes, 30

 

Eu gardei no meu armario

Xunto ós revidos abrigos

E pantalóns, un mostrario

De días martes en Vigo.

 

E escondín nese caixón

Aquelas ondas do mar,

E do trinque un corazón,

E un barco sen gobernar.

 

Non sei se serei poeta

Ou un aquel despistado,

Se vivo noutro planeta,

Se xa cumprín o meu fado.

 

Non teño arte nin parte

Nas cegas loitas dos martes.

[Ramiro FONTE, Xardín do pasatempo, 2008]