Caligrafía manual

     Nas últimas semanas algúns alumnos do centro tiveron a oportunidade de adentrarse no esquisito mundo da caligrafía manual.

     Os alumnos de 3ESO, en compañía de Chus Ferrín e Francisco F. Ferreiro, coñeceron de primeira man as características deste tipo de escritura, considerada unha arte, co fin de poder culminar un proxecto artístico e visual relacionado coa conmemoración das publicacións de Verne.

     Asimesmo, os alumnos de 1ESO, con Marga e Sara xunto con Francisco, comezaron a garabatear as primeiras letras dos alfabetos medievais e renacentistas nun seminario que continuará nas próximas semanas. Deste xeito poderán coñecer máis polo miúdo a arte de escribir ben, comprender a formación dos trazos e acrecentar a percepción artística e a harmonía estilística.

     Trátase en definitiva dunha oportunidade especial para comprender o proceso da escritura, a transmisión da información, e sobre todo, o desenrolo da imaxinación dos alumnos unha vez que dominen as técnicas básicas da caligrafía.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Caligrafía manual