Skip to Content

DOCUMENTOS PROTOCOLO COVID-19 (ACTUALIZADO A SETEMBRO DE 2021)

 

 

  • Kit obrigatorio diario COVID-19 para acceder ao centro: máscara de resposto no seu estoxo e estoxo rotulado co nome e apelidos.

 

 

  • Uso obrigatorio e correcto da máscara:

 

  • Como actuar ante a sospeita de infección por coronavirus nun centro escolar (Ver documento adxunto).

  • Abordaxe dun caso sospeitoso dentro do centro educativo:

1. Avisar a familia.

2. Illar o alumno na zona destinada a tal efecto con adecuada ventilación.

3. Uso de máscara cirúrxica para o alumno e acompañante.

4. Si existisen síntomas de gravidade, avisar o 061.

5. A familia deberá solicitar consulta telefónica co seu pediatra, médico de atención primaria ou co profesional que corresponda o paciente para ese día.

6. Se o equipo Covid do centro de saúde coñecera un caso confirmado de coronavirus, deberá contactar coa Xefatura territorial para a toma de decisións sanitarias que procedan e estudio de contactos.

 

Guía de actuación ante un caso confirmado:

 

 

  • Organización de grupos para desprazamentos e zonas de recreo: Segundo a clase á que pertenzas terás asignado un número e unha cor que indicará por onde te podes desprazar polo centro, a porta pola cal vas acceder ás instalacións e a zona de recreo. En ningún momento te poderás mesturar con alumnado doutro número ou cor. Haberá 5 grupos e cores diferentes marcadas polo centro e que che explicaremos o día da presentación.

ZONA

GRUPOS

VERDE

1º DA ESO

VERMELLA

2º DA ESO

AZUL

3º DA ESO

AMARELA

4º DA ESO

 

  • Sinalización por cores para o acceso ao centro mantendo a distancia de 1,5 m:

  

 

  • Acceso ao centro:
    • Á primeira hora o alumnado transportado entrará pola porta principal e o alumnado non trasportado pola rúa do Souto a partir das 08:20 horas e colocarase na súa corrrespondente porta de accesso.
    • O alumnado accederá ao centro segundo o grupo que corresponda por unha das cinco portas habilitadas identificadas por un número e unha cor diferente. As entradas e saídas serán pola mesma porta. O alumnado situarase na porta de acceso correspondente respetando a distancia se seguridade marcada no chan.
  •  
    • Nas horas de entrada, o alumnado gardará a distancia de seguridade marcada no chan que será supervisada polo persoal do centro.
    • Non estará permitido o acceso ao centro ás familias sen cita previa telefónica.
    • Calquera persoa que acceda ao centro, deberá encher un formulario e amosar o seu DNI.
  • Desprazamentos: sempre será pola túa dereita e só poderás circular pola túa cor marcada no chan segundo o teu grupo.

Uso da cafetería: poderás facer uso da cafetería sempre pedindo permiso ao profesorado de garda e mantendo a distancia de seguridade. O servizo da cafetería será dende o patio. Non se poderá acceder ao interior da cafetería.

  • Uso dos aseos: cada grupo só poderá acceder a un dos aseos habiltados para ese grupo e respetando o aforo. Haberá un profesor para garantir o aforo máximo e manter a distancia de seguridade.

 

 

 

  • Canle de información xeral do centro ás familias: farémolo a través da páxina web e dependendo da información enviarase unha notificación por Abalar móbil, polo que recomendamos o seu uso habitual.
  • Canle de comunicación para ás familias: contactarase por teléfono (881960480) ou por correo electrónico (ies.carral@edu.xunta.es) para resolver calquera dúbida ou pedir cita previa para unha cita presencial. Para solicitude de información académica, respectarase a seguinte vía de comunicación na seguinte orde: 
    1. Titor/a (publicaranse os correos electrónicos ao inicio do curso académico)
    2. Profesorado especialista previa comunicación ao titor.
    3. Xefatura de Estudos/Orientador
    4. Dirección
    5. Inspección Educativa
  • Protocolo COVID-19 da empresa de transporte:

 

AnexoTamaño
normativa_aula.pdf145.39 KB
como actuar ante un caso de sospeita.pdf354.22 KB
medidas correctoras.pdf366.3 KB
Timbres 21_22.docx_.pdf44.51 KB


book | by Dr. Radut