IES Carlos Casares - Viana do Bolo (Ourense)

Queridas familias e alumnado:

A partir do venres 3 de abril ás 13 horas, estarán dispoñibles na aplicación Abalar Móbil as cualificacións da segunda avaliación deste curso 2019-20. Realizouse este proceso seguindo indicacións da Consellería, e, tendo en conta as circunstancias extraordinarias destas semanas e das vindeiras, queremos salientar que estas notas teñen un carácter informativo, moito máis que o valor académico.

Por outra banda, é importante ter en conta que o vindeiro trimestre, con traballo online desde casa, polo menos nun periodo extenso, vai a requerir da responsabilidade do alumnado, e, sobre todo, das familias, no sentido de supervisar e insistir na idea de unha planificación diaria e semanal de adicación, tal e como se faría nas aulas. Agardamos vernos moi pronto e moita saúde a todas e todos.

O equipo directivo.

P.D.: nesta páxina hai un arquivos de instruccións de manexo do ABALAR MÓBIL para as familias.

 

Axudas comedor escolar

A Conselleria de Educación, Universidade e FP, debido a situación de excepcionalidade, pública na Orden de 27 de marzo de 2020, unha liña de axudas de carácter directo a familias en situación vulnerable pola suspensión do comedor escolar. As axudas serían de 2'5 euros diarios ao alumnado de comedor gratuito e de 1'5 euros diarios ao alumnado de comedor semigratuito (que paga 1 euro). Esa axuda diaria se multiplicaría polo número de días lectivos que dure o Estado de Alarma. As familias deberán solicitar as axudas a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal/chave365)
As familias que teñan dificultades para formalizar a solicitude poderán chamar ao centro educativo de 10 a 13 horas entre o martes 31 de marzo e o luns 6 de abril, e serán atendidos por un membro da dirección. Non poderemos tramitar a axuda si no momento da chamada non se nos facilitan pola familia os seguintes datos:
DNI do pai ou nai.
Nome e apelidos de pai ou nai e nome e apelidos e curso do fillo/a.
Número de conta bancaria completo.
Moitas grazas.
O equipo directivo.

 

O profesorado estará dispoñible para enviar e corrixir tarefas e resolver dúbidas por vía telemática.

No primeiro ciclo de ESO usarase a plataforma E-dixgal como vía de comunicación, mentres que no resto de cursos se fará mediante e-mail ou grupos tipo WhatsApp.

Ínstasenos especialmente a que o alumnado de 2º de bacharelato manteña a secuencia de temas, polo que o profesorado enviará contidos que deben ser traballados.

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
guia-mobil-familias-galego.pdf1.74 MB