ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR Curso 2022-23

PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO

Todo o alumnado do IES Carlos Casares que no vindeiro curso 2022/23 se matricule en 4º da ESO, Bacharelato ou ciclos de formación profesional pode solicitar formar parte do programa que se xestionará dende o centro no vindeiro curso, referente ás probas de nivel lingüístico ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf

Todo o alumnado interesado, pode solicitar e asinar no IES Carlos Casares o compromiso de participación ata o 12 de xullo, incluído, ou obter información adicional no 988788594.

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTUALIZACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE A COVID- 19 NO CENTRO

USO DA MÁSCARA

De acordo ao Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 (BOE, 20 de abril), a mascara deixa de ser obrigatoria en todos os espazos do instituto, como norma xeral. Polo tanto, non se poderá obrigar a ninguén a usar máscara ou a non usala, salvo nos casos indicados a continuación:

  • Continúa a ser obrigatorio o uso da máscara:

1. Se es positivo asintomático para COVID e ves ao instituto. Terás que levar máscara, cando menos, 10 días. Se tes síntomas e es positivo para COVID consulta co teu médico ou a túa médica, se debes vir ou non ao centro educativo.

2. No transporte escolar e no transporte das actividades extraescolares.

  • É recomendable o uso de máscara

1. Por persoas con algún tipo de vulnerabilidade e, en todo caso, as persoas maiores de 60 anos.

2. As persoas que convivan con persoas vulnerables, polo tanto, en risco.

3. Se estás sufrindo algún proceso infeccioso respiratorio, con produción activa de tose. Esta debería ser unha medida a manter cara o futuro como hábito de promoción da saúde pública.

De acordo, ás Directrices de 21 de abril da Consellería de Sanidade sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, “resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro".

 VENTILACIÓN

A ventilación segue sendo a primeira medida de prevención, debendo asegurarse e/ou reforzarse logo de eliminar a obrigatoriedade do uso da mascará , xa que o risco de contaxio pode aumentar.

Polo tanto, mantense a ventilación cruzada, coa porta da aula e unha ventá (cando menos) aberta. Dependendo da climatoloxía deberemos maximizar a ventilación.

O control da ventilación por parte do equipo COVID será aleatorio e mostral, revisando, cando menos, 2 espazos en cada xornada. O mesmo procedemento farase coa medición do dióxido de carbono no aire.

 DISTANCIA DE SEGURIDADE E DESINFECCIÓN DE MANS

Debemos continuar mantendo unha distancia mínima de seguridade de 1,5 metros , e continúa a ser obrigatoria cada vez que entremos no centro desinfectar as mans. Xa no haberá supervisión docente na entrada. É obrigatorio, pero apelamos á responsabilidade de todas e todos para o seu cumprimento. No resto da xornada deberase manter as desinfeccións que se viñan facendo (recreos, comedor, etc).

 A entrada ao centro seguirá igual: facendo fila no exterior, mantendo a distancia de seguridade, podendo entrar cando alguén do persoal do centro o indique (non antes das 09:10 horas).

    Debemos continuar facendo do IES Carlos Casares un espazo seguro para toda a comunidade, incluídas as persoas convivintes, como fixemos ata agora dun xeito exemplar.  Lembramos que o virus aínda está presente na comunidade, cunha incidencia relativamente importante.

Fin da Recomendación de Máscaras no patio

PUBLICADO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE ESO (DOG 12/11/2021)

Prazo de presentación de solicitudes: ATA O 26 DE NOVEMBRO

Teñen dereito á axuda as familias con renda per cápita inferior a 6.000.

Os beneficiarios das axudas de material escolar non teñen que presentar solicitude.

OS IMPRESOS DE SOLICITUDE PODEN SOLICITARSE EN ADMINISTRACIÓN OU DESCARGARSE DA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA(https://sede.xunts.es)

Novidades transporte Curso 2021-22

Para que o alumnado usuario excepcional do transporte poida facer uso deste servizo sen custo económico deben facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos na tarifa dos que se ofrece información na web www.bus.gal

 

 

 

 

Volve o voluntariado da Biblioteca María Varela

Dende o luns reabrimos servizo de voluntariado na Biblioteca María Varela

  • Cando queiras devolvelo, faino no primeiro recreo.

Entre tod@s podemos facer do IES un lugar seguro.

 

 

 

Pola seguridade de todos

#cóidate e #coida

#Máscara

#LavaAsMans

#DistanciaSocial 1,5 m

#ConFebreOuTosQuedaNaCasa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido