Grego

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

ANPA

 

  

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

LIBROS DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA.

Tagged:  

No documento adxunto podedes mirar que libros relacionados coa cultura de Grecia hai na biblioteca. Están clasificados tematicamente e indícase a lingua vehicular. Lembrade que tendes á vosa disposición noutro documento o listado de libros dispoñibles no departamento. Animámosvos a botar unha ollada a todos estes libros!

ODISEA 2009

Tagged:  

Na primeira fase do concurso ODISEA 2009, organizado pola sección galega da Sociedad Española de estudios Clásicos, o IES Carlos Casares ocupa os catro primeiros postos da clasificación:

Ómfalos (1º BAC), 77 puntos, en 3 horas, 42 minutos, 22 segundos.

Alezeia (2º BAC), 77 puntos, en 3 horas, 44 minutos, 2 segundos.

LIBROS DISPOÑIBLES NO DEPARTAMENTO.

Tagged:  

Velaquí un listado de libros relacionados coa materia de grego dispoñibles nos departamentos de Grego e Latín. Pola súa universalidade, pódenvos resultar de interese, tanto se se trata de gozar coa lectura dos clásicos que tanto teñen que aportar aínda, como se necesitamos adquirir ou ampliar a nosa linguaxe técnica e científica tan en débeda coa lingua grega, ou consultar algún dato histórico, ou divertirnos coas aventuras dos heroes e dos deuses e deusas. Os libros están clasificados tematicamente e indícase a lingua vehicular.

ODISEA 2009

Tagged:  

Esta semana o IES Carlos Casares está a participar con catro equipos (1º e 2º BAC de Grego e Latín, 4º ESO de Latín e 3º ESO de Cultura Clásica) no concurso ODISEA 2009, organizado pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos.

PARA LER.

Tagged:  

No pdf adxunto atoparedes unha serie de libros recomendados para gozar cos clásicos nos momentos de lecer.

Distribuir contido