A entrega dos boletíns de notas será para todos os cursos da ESO e para a avaliación extraordinaria de 1º e 2 de Bacharelato, o luns 26, ás 12:00 h. Os titores e titoras esperarán ao alumnado na súa aula de referencia.
O periodo de reclamacións para estas cualificacións será nos dous días seguintes a dita entrega, é dicir, martes 27 e mércores 28. Lembrade que o horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 h.