Usuario: Acceso

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E CENSO ELECTORAL

O día 8 de novembro quedan convocadas as eleccións ao Consello Escolar, nas que hai que renovar prazas de profesorado, familias, persoal non docente e alumnado.

Os censos electorais dos diferentes sectores estarán expostos no centro ata o día 15 de novembro para ser consultados e facer, de ser o caso, as oportunas reclamacións.

A partir do día 9 de novembro e ata o 16 está aberto o prazo para a presentación de candidaturas. Na secretaría do instituto hai un documento para cubrir por parte das persoas que queiran presentar a súa candidatura.

Volver arriba