NOVAS Proceso de admisión do alumnado para o curso 2017-18: baremación renda per cápita

Acompañamos novas instrucións para a baremación da renda per cápita da unidade familiar:

Cando a persoa interesada non realizara a declaración do IRPF no ano 2015, deberá acreditar igualmente a renda da unidade familiar para poder computar este apartado do baremo mediante a entrega no centro educativo do certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria no que consten os datos tributarios que existan neste organismo. Neste caso para o cálculo da renda per cápita da unidade familiar teranse en conta os rendementos netos: Compútanse os rendementos que consten no certificado (do traballo, de contas bancarias, arrendamentos de inmobles, de capital mobiliario,...) e deduciranse desa cantidade as retencións, reducións e calquera outro gasto deducible que sinale a Axencia Tributaria. No caso en que na Axencia Tributaria non existan datos tributarios da persoa, esta poderá entregar unha certificación dos haberes ou doutros ingresos do exercicio 2015; ingresos dos que, se é caso, tamén se deducirán os gastos (ex. seguridade social) e retencións tributarias.

Se a persoa non acredita os ingresos mediante o correspondente documento, a puntuación deste criterio será 0. 

 

Podedes consultar as instrucións completas no documento adxunto.

Saúdos.

O Equipo Directivo

 

AdxuntoTamaño
Instrución renda per cápita.pdf239.27 KB