Cambio libro de texto de Inglés en 1º ou 3º ESO para o vindeiro curso

Estimado Pai/Nai

Enviamos unha circular informativa a través do seu fillo/a para comunicarlles que o departamento de Inglés de cara o vindeiro curso vai cambiar o libro de texto de Inglés no nivel que cursa o seu fillo/a, 1º ou 3º ESO. Co gallo de garantir que o libro que vostedes compraron este curso sirva para outro alumno/a que curse o mesmo nivel o vindeiro curso, a editorial comprometeuse a cambiar o libro por outro do mesmo nivel sen custe algún.

Se os libros foron adquiridos co vale de axuda da Xunta xa ten que devolver o libro e o centro se encarga de facer o troco, pero se foi pagado por vostede debe entregalo indicando se desexa que se lle entregue un novo ou o dona ó fondo de libros, segundo o modelo que se entrega na circular enviada.

Moitas grazas.