Adxudicación Concurso da cafetería do centro para o curso 2017-18

Tagged:  

Valoradas as ofertas dos licitadores do concurso da cafetería do centro para o curso 2017-18 en base ós criterios sinalados no apartado 7.1 da INSTRUCIÓN 7/2017, DO 30 DE MAIO DE 2017, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA,

a Dirección do centro adxudica provisionalmente o servizo a Dª Sofía Ayuso Díaz en representación de AYUSERI C.B., que deberá presentar na Secretaría do Centro a documentación segundo o apartado 7.2 de dita Orden:

  • A certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ao abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
  • A certificación positiva expedida pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de non ter contraída débeda ningunha coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias.
  • O orixinal ou a copia compulsada da alta no IAE no epígrafe correspondente ao obxecto deste contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto.
  • Xustificación de ter constituída unha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo se dispón no apartado 9.11, para a cobertura de posibles danos a terceiros por un capital non inferior a 20.000,00 €.
  • Xustificante de pago do canon do servizo de xestión e explotación da cafetería do ano 2016-17.

Vigo, 5 de xullo de 2017

O Director