Programa Vigo en Inglés 2017

Estimadas familias,

comunicamos que a Xunta de Goberno Local na súa sesión do 10/02/2017 adoptou o seguinte acordo: "Aprobar as bases reguladoras e convocatoria ordinaria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa - Vigo en Inglés 2017, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos", que terá aberto o prazo de solicitude  de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOP. 

Dado que o extracto desta convocatoria publicouse este mércores 01/03/2017 no BOP, o prazo de presentación de solicitudes é do xoves 02 ao mércores 15 de marzo, ambos os dous inclusive, e as solicitudes  xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº1, 36202)

Achegámos, en arquivos adxuntos en formato PDF: Tríptico e Cartel divulgativo do programa "Vigo en Inglés 2017", documento coas instruccións para poder solicitar a participación no programa, e comunicámoslle que toda a información actualizada sobre o asunto de referencia (bases, impresos solicitude ...) atópase na web www.vigoeningles.org

Saúdos

O Director

AdxuntoTamaño
Cartel Vigo en Ingles 2017.pdf318.17 KB
TRIPTICO VIGO EN INGLES 2017.pdf481.48 KB
INSTRUCCIONS CONVOCATORIA VIGO EN INGLÉS 2017.pdf175.98 KB