ANPA

FAITE SOCIO DA A.N.P.A

Para o instituto é moi importante a participación das familias e a ANPA e os representantes de nais e pais no Consello Escolar son a voz de todos/as vós.

Neste curso principia a súa andaina unha nova ANPA que ten, como a que houbo ata o de agora, todo o mérito de quen fai as cousas desinteresadamente e unha necesidade aínda maior de voso apoio.

Queremos que saibades que cos cartos das cotas a ANPA vén axudando economicamente ao centro en moitas actividades (obras de teatro, saídas culturais, acondicionamento dos espazos exteriores, etc.)

Ademais fai unha xestión tan importante para o instituto como é a organización do transporte do alumnado de bacharelato.

 

O Director

Carlos Bartolomé Herranz

A cota por familia é de 15 euros

 

 

Facer o ingreso na conta de Abanca ES33 2080 5018 1130 4001 6031 pondo no ORDENANTE e CONCEPTO o nome do alumno/a. Entregar o resgardo no buzón da ANPA no Centro. 

Esta nova ANPA ven de crear unha páxina de Facebook onde irá aportando información que pensamos pode ser do voso interese. Podedes atopala buscando en Facebook "ANPA IES Carlos Casares - Vigo". Entrando na páxina e dándolle o "Me Gusta" estaredes informados de actividades, formacións, convocatorias, noticias…