Poema audiovisual Letras galegas 2014. Penélope

Neste curso realizamos un ambicioso traballo multidisciplinar para a semana das letras galegas en colaboración co IES Monte Carrasco.

Pero non só queremos homenaxear a X. M. Díaz Castro, tamén queremos recordar os que se dedican a poñer na nosa lingua os textos que naceron noutras, os tradutores.

Penélope é a escusa para un gran  proxecto de alumnado e profesorado. Trinta e tres tradutores buscan unha precisa correspondencia co poema orixinal apoiada por matices, cores, ritmo, murmurio, resonancia e silencio.