Usuario: Acceso

Fenómenos ondulatorios










Fenómenos ondulatorios

Ecuación das ondas harmónicas: ondas harmónicas que se propagan no sentido positivo do eixo X e cunha vibración que se produce na dirección OY.

Dous puntos
dunha onda están en
concordancia de fase cando a diferenza de fase entre eles vale 2Пn; é dicir, o seu estado de vibración é o mesmo. Se a súa
diferenza de fase é de (2n+1)П, dicimos que están en
oposición de fase.

  1. Fenómenos básicos: difracción, reflexión, refracción e polarización.

    1. Conceptos básicos 
      • Frente de onda ou superficie de onda.

      • Raios.

      • Superficie de onda plana.

      • Principio de Huygens: todo punto dunha fronte de onda convértese nun centro puntual produtor de ondas elementais secundarias, de igual velocidade e frecuencia ca a onda inicial, cunha superficie envolvente que constitúe unha nova fronte de onda.

    2. Difracción:
      a difracción é a desviación na propagación
      rectilínea das ondas cando estas atravesan unha abertura ou
      pasan próximas a un obstáculo. Recorda que a
      difracción só se produce se a
      abertura
      é do orden da magnitud
      da
      lonxitude da onda.

    3. Reflexión:
      a reflexión ten lugar cando un MO que se propaga por un
      medio alcanza a superficie que o separa doutro medio de distinta
      natureza, e parte da enerxía é devolta ao medio de
      procedencia. Recorda as dúas leis da reflexión.

    4. Refracción:
      o fenómeno da refracción ten lugar cando un MO chega
      á superficie de separación de dous medios, entra e
      trasmítese no segundo, cambiando a súa dirección
      de propagación. A velocidade no segundo medio e distinta a
      do primeiro, a lonxitude da onda tamén varía, e a
      frecuencia da onda non se modifica. Recorda as dúas leis da
      refracción. A segunda recibe o nome de lei
      de Snell
      : seni/senr=v1/v2. Índice de refracción.
      (Espexismos)

    5. Polarización:
      é un fenómeno que só se presenta nas ondas
      transversais. Unha onda está polarizada cando as direccións
      de oscilación das partículas do medio vibrante
      están
      limitadas a un só plano.

  2. Fenómenos
    por superposición de
    ondas:
    A superposición
    de dous ou máis movementos ondulatorios nun punto do medio
    denomínase
    interferencia.

    Os
    fenómenos de interferencia réxense polo
    principio
    de superposición
    :
    un punto do medio que é
    alcanzado
    simultaneamente
    por
    dúas
    ondas
    que
    se propagan por el, experimenta
    unha
    vibración que é a suma
    das
    que experimentaría se fose alcanzado por
    cada
    unha
    das
    ondas
    por separado
    .

    1. Interferencia
      de
      dúas ondas harmónicas coherentes.

      A
      consecuencia da superposición de ondas, no punto onde ten
      lugar esta, pódese producir unha
      intensificación
      (interferencia
      constructiva
      )
      das ondas compoñentes ou unha
      debilitación
      (interferencia
      destructiva
      )
      destas,
      incluso a súa
      anulación.

      Interferencia
      de dúas ondas circulares ou esféricas.

      Interferencia
      de dúas ondas circulares ou esféricas

    2. Pulsacións:
      denominamos
      pulsacións
      ou batidos
      as
      variacións periódicas
      da amplitude
      da onda
      producida pola
      interferencia de
      dúas ondas de
      frecuencias
      lixeiramente
      diferentes. A
      frecuencia coa que un punto se converte en nodo denomínase
      frecuencia de puylsación
      (o
      seu valor e igual a diferenza das frecuencias das dúas ondas
      que interfiren.

    3. Ondas
      estacionarias
      :
      é a onda producida por interferencia de dúas ondas
      armónicas de igual amplitude e frecuencia que se propagan na
      mesma dirección e sentido contrario. A
      onda
      estacionaria é harmónica
      de
      igual frecuencia ca
      as
      compoñentes
      e a súa
      amplitude,
      A
      r,
      é
      independente do tempo,
      pero varía sinusoidalmente coa abscisa x.

      Ondas
      estacionarias nunha corda
      .

      Ondas
      estacionarias en tubos
      .

  3. Fenómenos debidos ao movemento
    da fonte e do receptor
    :
    efecto
    Doppler.

    O efecto
    Doppler
    consiste no cambio que experimenta a frecuencia con que
    percibimos un movemento ondulatorio respecto da frecuencia coa que
    foi orixinado, a causa do movemento relativo entre a fonte e o
    receptor.

    Vídeos
    relacionados.

    Vídeo
    1
    .

    Vídeo
    2
    .

    Vídeo
    3
    .

Volver arriba