Benvidos

A nosa máis agarimosa benvida aos que se achegan ao I.E.S. Carlos Casares a través desta páxina web.

Ao longo dos 25 anos que cumpre o centro neste curso 2008-2009, tentamos estar á vangarda do ensino na nosa Comunidade implantando antes que ninguén a E.S.O. e os actuais bacharelatos, o noso alumnado sempre conseguiu moi bos resultados académicos, actualmente contamos con medios modernos; pero sobre todo, traballamos para que os nosos alumnos e alumnas teñan un ambiente que lles permita desenvolver todas as súas capacidades.

Moitas grazas pola vosa visita e esperamos que esta sexa do voso agrado.

O Director.