ODISEA 2009

Na primeira fase do concurso ODISEA 2009, organizado pola sección galega da Sociedad Española de estudios Clásicos, o IES Carlos Casares ocupa os catro primeiros postos da clasificación:

Ómfalos (1º BAC), 77 puntos, en 3 horas, 42 minutos, 22 segundos.

Alezeia (2º BAC), 77 puntos, en 3 horas, 44 minutos, 2 segundos.

Gorogonas (4º ESO), 77 puntos, en 3 horas, 51 minutos, 15 segundos.

Aristoi (3º ESO), 77 puntos, en 4 horas, 1 minuto, 38 segundos.

En total participaron 232 equipos de toda Galiza. Clasificáronse para a segunda fase os 23 equipos que lograron acertar correctamente todas as preguntas. Podedes consultar a clasificación xeral en http://www.seecgalicia.org/odisea/index.php