Libros de texto

Fondo solidario de libros de texto 2018/2019

LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

 

Segundo a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019, no caso de que o centro non fixe os seus propios prazos,as datas para os trámites que indicamos a continuación son:

  • 12 DE XULLO: publicación da listaxe PROVISIONAL de solicitudes admitidas e excluídas. As causas de exclusión son: presentación fóra de prazo, falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación; falta de devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos con axuda nos cursos anteriores. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes.
  • 14 de SETEMBRO: publicación da listaxe DEFINITIVA de solicitudes admitidas coa asignación de libros e, no seu caso, o número de libros complementarios que correspondan. Tamén se incluirán as solicitudes excluídas.
  • 17 de SETEMBRO- 27 de SETEMBRO: entrega de libros e de vales para adquirir material escolar.

Fondo solidario de libros 2018/2019 (alumnado de ESO)

O luns 21 de maio de 2018 publicouse no DOG a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019. 

O prazo para presentar solicitudes por parte dos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado iníciase o 22 de maio e remata o día 22 de xuño de 2018 (este incluído) e o trámite farase preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Na seguinte ligazón atópase o contido da antedita orde:

Orde do 9 de maio

Fondo Solidario de Libros 2017/2018

 

Segundo instrucións da Consellería e o recollido na propia orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto, a publicación das listaxes definitivas coas solicitudes admitidas (e a correspondente asignación de libros) e excluídas ten que facerse en SETEMBRO, despois da avaliación extraordinaria.

Podedes consultar as liñas xerais da orde no seguinte documento:

Síntese da ORDE do 16 de maio de 2017

 

Podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos:

 

Listaxe provisional de admitidos

Listaxe provisional de excluídos

 

Fondo solidario de libros de texto 2017/18

O luns, 22 de maio, publicouse no DOG a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Informamos ás familias dos alumnos que no curso 2017/18 vaian cursar 2º. 3º ou 4º de ESO de que a partir do luns 29 de maio poden recoller na secretaría do centro o impreso para tramitar a solicitude.

Máis información, no anuncio na web da Consellería de Educación:

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

 

Distribuir contido