Libros de texto

Fondo libros setembro

As alumnas e alumnos da ESO que non entregaron os libros do fondo por ter que presentarse ás probas extraordinarias de setembro teñen que devolvelos. Poden facelo no momento de facer o exame ou, ao máis tardar, cando recollan as cualificacións o luns 6 de setembro ás 10:00 indicando o seu nome.

A non devolución de libros é motivo de exclusión do fondo.

O alumnado de 4º da ESO que repita curso ten que facer unha nova solicitude para o fondo o 7 de setembro de 9:00 a 13:00.

FONDO DE LIBROS E MATERIAL

A partir do día 15 de xullo estará publicado no taboleiro de anuncios do IES Canido a listaxe provisional do fondo de libros. Aqueles alumnos que teñan materias pendentes terán dereito aos libros correspondentes unha vez fagan a devolución.

O cheque de material así como a entrega dos libros realizarase no mes de setembro.

 

 

 

 

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Nas seguintes ligazóns achegamos as listaxes de libros de texto dos distintos cursos de ESO e Bacharelato para o curso 2021-2022.

 

   1º ESO       2º ESO   
   3º ESO   4º ESO
   1º BAC   2º BAC

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Nas seguintes ligazóns achegamos as listaxes de libros de texto dos distintos cursos de ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021:

  1º ESO    2º ESO 
  3º ESO   4º ESO
  1º BAC   2º BAC
Distribuir contido