Secretaría

HORARIO DE OFICINA DE VERÁN

DURANTE O MES DE XULLO O HORARIO DE ATENCIÓN EN OFICINA PARA TRÁMITES ADMINISTRATIVOS SERÁ DE 9:00 A 13:30.

AVISO URXENTE

O LUNS 3 DE XUÑO NON SE ATENDERÁN TRÁMITES ADMINISTRATIVOS NA SECRETARÍA DO CENTRO POR AUSENCIA DO PERSOAL DA MESMA.

PECHE DO CENTRO O LUNS 18 DE MARZO

O LUNS 18 DE MARZO NON HABERÁ ACTIVIDADES LECTIVAS NIN SE ATENDERÁN TRÁMITES ADMINISTRATIVOS DEBIDO A QUE É O DÍA ESCOLLIDO POLO CENTRO COMO NON LECTIVO.

HORARIO DE OFICINA OS DÍAS 25 E 26 DE SETEMBRO

O martes e mércores, 25 e 26 de setembro respectivamente, a oficina estará pechada entre as 12:00 e as 14:00. En caso de haber necesidade de consulta ou trámite administrativo, pregamos que informen ao equipo directivo.

Fondo solidario de libros de texto 2018/2019

LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

 

Segundo a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019, no caso de que o centro non fixe os seus propios prazos,as datas para os trámites que indicamos a continuación son:

  • 12 DE XULLO: publicación da listaxe PROVISIONAL de solicitudes admitidas e excluídas. As causas de exclusión son: presentación fóra de prazo, falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación; falta de devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos con axuda nos cursos anteriores. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes.
  • 14 de SETEMBRO: publicación da listaxe DEFINITIVA de solicitudes admitidas coa asignación de libros e, no seu caso, o número de libros complementarios que correspondan. Tamén se incluirán as solicitudes excluídas.
  • 17 de SETEMBRO- 27 de SETEMBRO: entrega de libros e de vales para adquirir material escolar.
Distribuir contido