Complementarias

Día de Europa

O pasado martes o alumnado de Música conmemorou o Día de Europa cun pequeno concerto dirixido polas súas profesoras, Encina e Cristina. O tema estrela foi, como non podía ser doutro xeito, o Himno Europeo, Oda á Alegría, composto por Beethoven en 1824.

 

 

Aproveitamos tamén o Día de Europa para comprobar coñecementos do noso alumnado. No xogo de bandeiras organizado había un par de trampas, que só os máis avezados evitaron.

 

 

Fomentando os hábitos de vida saudables e a actividade física

 

O venres, coincidindo coa véspera das vacacións, os alumnos de 1º e 2º de ESO do noso centro participaron nunha actividade organizada pola empresa xestora das instalacións deportivas municipais, BeOne A Malata. A actividade, centrada arredor da zumba e o body combat, desenvolveuse no ximnasio do centro e contou coa colaboración da comunidade educativa, tanto de profesores como de persoal non docente.

Podedes ver algunha foto máis da actividade na páxina en Facebook de BeOne A Malata

 

 

 

Fase Zonal do Club de Debate 2016/17

 

Alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Canido participan coa súa profesora Carmen Cuesta na fase zonal do Club de Debate, organizado polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos implicados.

Desde o centro desexámoslles moita sorte e agardamos que pasen á Fase Final.

Máis información, no Diario de Ferrol:

 

Éxito das nosas alumnas no III Certame Literario Carmela Loureiro

 

As nosas alumnas Sara Romaní Yáñez e Cristina Vidal Beceiro resultaron galardoadas cun 1º Premio e un Accésit no III Certame Literario Carmela Loureiro. Compartimos a nota enviada desde a área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol:

 

Os membros do xurado do III Certame Literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a CENL,

  • Xil López Sánchez. representante da CENL,
  • María Canosa, escritora
  • Roi Saiz Mallo , representante do alumnado
  • Clara Vizoso García, representante do alumnado
  • Álvaro Montes Celeiro, concelleiro de Normalización Lingüística

Acordaron conceder os seguintes premios e accésits, seleccionados entre os 82 traballos presentados ao citado certame

 

MICRORRELATOS

 

Categoría A, 3º ciclo de Educación primaria

Primeiro premio

Viva a igualdade, Alejandra Fernández Armada CPR Ludy

 

Accésits

O debuxo, Ariadna Gómez Méndez CPR Belén

A bolboreta sen ás, Sofía Sanjurjo López, CEIP Pazos.

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

Primeiro premio

Como te esquecín, meu medo, Lucía Pérez Serantes, IES Fernando Esquío

Accésits

Entre catro paredes, Paula Soto Rodríguez, IES Saturnino Montojo

 

Categoría C, 2º ciclo da ESO

Primeiro premio

Contemplación libre, Sara Romaní Yáñez, IES Canido, 3º ESO

Accésit A Marcha, de Cristina Vidal Beceiro, IES Canido

 

Categoría D, bacharelato, ciclos formativos

Primeiro premio

Utopías, Nerea Calvo Beceiro, IES Leixa 2º BAC

Accésit A inxenuidade dos máis teimudo, IES Concepción Arenal

 

MICROPOESÍA

Categoría A, 3º ciclo de E. primaria.

Primeiro premio

A realidade, Blanca Fraga Rodríguez, Cª de María

Accésit

Escribo, Angélica Piñeiro Díaz, CPR LUDY

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

Vexo un mundo debuxado, Nerea Arroyo Salgado, IES Fene

Accésit

Amizade eternal , Iker Fernández Arroyo, CPR Sagrado Corazón,

 

Categoría C, 2º ciclo da ESO

Primeiro premio

Marea escura da vida, MaríaPillado Rico,CPR Sagrado Corazón

Accésit

O océano dos teu ollos, Laura Suárez Quintela, IES Saturnino Montojo

 

Categoría D, bacharelato e ciclos formativos

Primeiro premio

Namorado o tempo, IES Concepción Arenal

Accésit

Liberdade, Irene Ebang Late, IES Carvalho Calero

 

MICROTEATRO

Categoría D, bacharelato e ciclos formativos

Primeiro premio

A noite sen estrelecer, IES Concepción Arenal

 

Accésits

O que esconden os sorrisos, Seda Nikoghosyan, IES Saturnino Montojo

O primeiro amor, Alexia Calvo García, IES Carvalho Calero

Nada é real, Javier Dopico Vilanueva, IES Carvalho Calero

Acto de lembranza das vítimas do Holocausto

Alumnos do noso centro participaron nos actos do Concello de Ferrol con motivo do Día Internacional das Vítimas do Holocausto Nazi.

 

Máis información, en La Voz de Galicia

Distribuir contido