Complementarias

Magosto 2017

 

Deixámosvos o vídeo do magosto celebrado a semana pasada, que elaborou a nosa compañeira Carmen Cuesta para toda a comunidade educativa.

Representación de Ahora Mismitos no IES

 

O pasado martes, día 7, o actor Antonio Blanco, da compañía Malaje, representou ante os alumnos do noso centro a obra Ahora Mismitos. A actividade, que contribúe á divulgación dos mitos clásicos, foi organizada polo departamento de Latín, e recibiu unha extraordinaria acollida por parte do alumnado asistente.

 

 

Samaín 2017

 

Outro ano máis, o alumnado do IES Canido elaborou arrepiantes cabazas para o Samaín. Os máis pequenos do centro aprenderon do recuperador da tradición Rafael López Loureiro:

 

 

 

Recitado Teatro con G

 

Os alumnos de 1º e 2º de ESO participaron no recitado que pecha o ciclo "Teatro con G" da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. O acto tivo lugar no Centro Cultural Carvalho Calero o pasado xoves 26 de outubro.

 

Podedes ver algunhas fotos do evento na páxina en Facebook da Coordenadora.

Fin de curso

Reproducimos o contido da circular que enviamos ás familias:

Estimados pais/nais/titores legais:

O motivo da presente é informalos/as das actividades de fin do curso 2016-2017.

  • O último día de clases será o venres 23 de xuño. Ese día o horario de saída do centro será para todos/as ás 13:30 h. Os autobuses recollerán ao alumnado que usa o transporte escolar a esa hora.

 

  •  Os boletíns de notas entregaranse o mércores 28 de xuño ás 11:30 horas nas aulas respectivas, xunto coa información correspondente ás Competencias Básicas. Non hai transporte escolar para o día da recollida de boletíns.

 

  • Os boletíns de cualificacións están “troquelados” co cuño do centro en relevo, para evitar falsificacións. Tamén poden comprobar a evolución académica do seu fillo/a a través do espazo ABALAR  http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar 

 

  • O mesmo día da entrega de boletíns os alumnos que recibiron libros do Fondo Solidario e os que compraron libros co “vale” deben entregalos deixándoos na súa mesa. No caso de ter materias pendentes poderán conservar os libros de ditas materias ata setembro.

 

  • A MATRÍCULA ordinaria de xuño para o alumno que aproba todo está establecida como segue:
  • 1º ESO     mércores 28, xoves 29 de XUÑO

 

  • 2º ESO   venres 30 de XUÑO e luns 3 de XULLO

 

  • 3º ESO   venres 30 de XUÑO e luns 3 de XULLO

 

  • 4º ESO    martes 4 e mércores 5 de XULLO

 

  • 1º BAC e 2ºBAC  mércores 5, xoves 6 e venres 7 de XULLO

 

  • A lista de libros de texto para o vindeiro curso publicarase na web e tamén no taboleiro do instituto.

 

  • Os exames da convocatoria extraordinaria de Setembro celebraranse os primeiros días de setembro. Publicarase o calendario/horario na web http://www.edu.xunta.es/centros/iescanido e tamén no taboleiro do instituto seguindo o indicado na Orde que aproba o calendario escolar para o curso 2017/18, pendente de publicar no DOG.

 

  • A data de entrega de notas así como o período de matrícula para o alumnado da convocatoria extraordinaria de setembro publicaranse na web e no taboleiro do centro.

 

O equipo directivo e o Claustro de profesores deséxanlles un feliz verán

Distribuir contido