Skip to Content

Extraescolares, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º Bacharelato, 2º Bacharelato, Ed. física, Idioma estranxeiro

Olimpíada Matemática Galega 2017

O pasado xoves, 27 de abril, celebrouse no IES Canido a fase local da zona de Ferrol da Olimpíada Matemática Galega. Nas imaxes podedes ver a 32 matemáticos e matemáticas pelexando cos 5 problemas propostos pola entidade organizadora da Olimpíada, a Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas, AGAPEMA. A sesión, que durou desde as 10:30 ata as 13:00, foi supervisada por profesorado de Matemáticas do noso centro.

 

 

 

Desta fase local sairán 3 seleccionados que participarán na fase final, que se celebrará en Lugo o día 18.

Visita a Navantia

Os alumnos de 4º de ESO das materias Economía e Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial(IAEE) visitaron o mércores 18 as instalacións de Navantia-Ferrol.

I Lonxa Xuvenil do Concello de Ferrol

Os alumnos de 4º de ESO do noso centro gañaron o 3º premio co seu proxecto Ferrol Art Revolution na I Lonxa Xuvenil organizada pola Concellería de Mocidade do Concello de Ferrol. No acto celebrado esta mañá no Teatro Jofre participaron xunto con compañeiros dos institutos Carvalho Calero, Sofía Casanova, Catabois, Ferrol Vello, Saturnino Montojo e Concepción Arenal.

Máis información, en Ferrol 360

NOS NAVEGANTES

Premio a implantacion e desenvolvemento Axenda 21

Trebellos da auga en Pontevedra   

O noso centro quedou clasificado entre aqueles de mellor puntuación dentro do Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia.

No Instituto realizaronse 8 proxectos dos 11 previstos, incluídos no programa global "Aulas Sustentábeis, mundo sustentábel"

Eiquí tedes as fotos:

  1. O alumnado é protagonista.
  2. Clases sen fume
  3. Aquaciencia
  4. Xogos Populares

Publicación no DOG

   

Distribuir contido


by Dr. Radut