Fondo solidario de libros 2018/2019 (alumnado de ESO)

O luns 21 de maio de 2018 publicouse no DOG a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019. 

O prazo para presentar solicitudes por parte dos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado iníciase o 22 de maio e remata o día 22 de xuño de 2018 (este incluído) e o trámite farase preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Na seguinte ligazón atópase o contido da antedita orde:

Orde do 9 de maio