Olimpíada Matemática Galega 2018

O pasado xoves, 26 de abril, tivo lugar a fase local da Olimpíada Matemática Galega de 2º de ESO. Esta fase serve como clasificatoria para a fase final, que se celebrará o 24 de maio no Círculo de Belas Artes de Lugo. Este ano 31 alumnos da comarca de Ferrolterra disputaron esta fase no IES Canido. Desexámoslles moita sorte a todos.