Skip to Content

María Gabía Rascado acudiu á entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato

Tirada da Voz

Foto da nova na Voz de Galicia

 

A ex-alumna do IES Canido María Gabía Rascado recibiu o premio extraordinario de bacharelato no acto de entrega que se celebrou o pasado venres 24 de marzo no Gaiás.

No acto, ao que tamén asistiu o director do noso centro, o presidente da Xunta de Galicia entregou os premios extraordinarios de Bacharelato, FP, Música, Danza e Artes Plásticas. Na categoría de Bacharelato outorgáronse 20 premios, aos que se presentaron case 360 dos mellores alumnos galegos. Digno de salientar é que María foi a única alumna que sobrepasou 28 puntos de 30 posibles na proba, que constou no seu caso de exames de Análise de Texto, Inglés e Latín.

 

 

A nova apareceu na TVG e na Voz de Galicia, entre outros medios.



page | by Dr. Radut