Skip to Content

Novas

Parque acuático de Cerdeda

O día 19 de xuño, seguindo o costume de cursos anteriores, o departamento de Educación Física organizou unha excursión ao parque acuático de Cerceda. O alumnado de 1º e 2º ESO participou case na súa totalidade, o que nos levou a ter que viaxar en dous autobuses e pedir a colaboración do departamento de Relixión.

Parque acuático Cerdeda

 

Tivemos un día moi agradable no que poidemos bañarnos e subir as atraccións sen pasar moito frío. Aproveitamos, desde as 12:30 ata as 18:45, as instalacións do parque acuático que, como se pode apreciar, estaban ateigadas de xente. O problema foron as colas, aínda que a última hora moitas persoas xa marcharan e poidemos repetir sen agardar case tempo.

Saída en bicicleta

O día 11 de xuño o alumnado de 1º de bacharelato B e algún membro de 1º bacharelato A participou nunha saída en bicicleta ata a praia de Testal. Aproveitamos para darnos un chapuzón e xogar un pouco na area. Á volta paramos na fonte da Chainza a beber e sacar unhas fotos.

Saida en Bicicleta

Rafting

O venres 30 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º ESO pudo participar na actividade de Rafting organizada polo departamento de Educación Física

         Posando ca indumentaria apropiada antes da actividade

O emocionante da actividade pódese apreciar nas seguintes fotografías

En pleno rápido

No rápido

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queredes ver máis fotos facede clic na pestana "FOTOS" na parte de arriba da páxina

Semana branca en Andorra do 5 ao 12 de abril

Do 5 ao 12 de abril un grupo de estudantes de 4 ESO e 1º Bacharelato esquiaron na estación Grandvalira en Andorra. O aproveitamento das clases de esquí e do bo estado das pistas foi moi alto. A maioría dos participantes recorreron gran parte da estación.

           Viaxe a neve 2014

Compartimos a viaxe co instituto de Melide.

A experiencia, ainda que moi cansada, foi altamente valorada.

Campo a través

Campo a través

O 29 de novembro tivemos a primeira proba de campo a través do curso. O instituto participou con representación nas categorías de infantil,  cadete  e xuvenil tanto masculinas como femininas.

  Esta proba celebrouse no campo de fútbol de Noia

 

Viaxe á Neve

Outro ano máis estamos a organizar a viaxe á neve.

Pretendemos ir a Andorra na última semana da segunda avaliación para perder as menos clases posibles.

Para reservar praza debedes ingresar antes do xoves 14 de novembro 100 euros na conta:

Novagaliciabanco 2080 – 0381 – 09 – 3110000027

 

En concepto debedes por: NEVE e o nome e apelidos do alumn@ que vai á excursión (non do pai ou nai que fai o ingreso)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut