Skip to Content

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

Grupo de alumnos no parlamentoUn grupo de alumnos e profesores do IES  asistiron no Parlamento de Galicia  o xoves 11 de Decembro, ó acto de entrega dos premios do concurso de fotografías ‘A miña patria, my homeland’, un acto presidido pola titular da Cámara autonómica, Pilar Rojo, e no que participaron o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira.

Este concurso enmárcase dentro do programa educativo europeo Comenius Regio ‘Education and the labour market’, do que España é socio xunto con Grecia. Por parte de Galicia, xunto coa Consellería de Cultura e Educación, tamén participan o Parlamento, o IES Campo de San Alberto de Noia e o club de tempo libre O Treito de Lousame.

 Premiados

Premiados

Premiados

Premiados
Fotografía premiados

Premiados

Premiados

Premiados

Premiados

 

 O concurso de fotografías ‘A miña patria, my homeland’ contou cunha ampla participación de alumnado grego e galego, xa que se presentaron un total de 158 fotografías e 32 series fotográficas.

PremiadosDe todas elas o xurado seleccionou para o primeiro premio a fotografía de Sergio Mayo Esteiro ‘Pensamento de Vida’, que mostra unha man curtida de traballador que representa o esforzo e a vida.

O segundo premio foi para Alicia Fontenlos Martínez por ‘Paisaxe de Louro’, unha instantánea escollida pola súa calidade e o seu encadre. O terceiro premio recaeu en Irene Papautsi pola obra ‘Cobblestone o Makrinitsa’, na que se amosa a riqueza patrimonial grega a través dun encadre con profundidade e varios planos.O xurado tamén seleccionou a serie nº 29, de Nélida Pouso Romero, como premio á mellor serie.



page | by Dr. Radut