Skip to Content

Xefatura de Estudos

CLASES DE REFORZO E APOIO PARA 2º DE BAC E CALENDARIO DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2021-2022

 Nos seguintes enlaces atópanse os horarios de cada grupo (horario clases apoio):

 

  • As clases comezan o 20 de maio.
  • A partir do 7 de xuño manteranse so as clases para o alumnado que se teña que presentar ás probas extraordinarias (do 17 ao 22 de xuño)

O calendario de recuperación na convocatoria extraordinaria para as materias de 2º BAC así como para as pendentes poderanse consultar nos seguintes enlaces:

 

Nova normativa avaliación

Dado que este ano se produce algún cambio na normativa de avaliación (entra en vigor a ORDE do 25 de xaneiro de 2022), dende o IES de Cacheiras consideramos moi importante que todos os pais/nais estean informados, e para iso, fixemos dous vídeos (un para ESO e outro para Bacharelato) onde intentamos aclarar os cambios e todas as dúbidas que puideran xurdir.
Se unha vez vistos os vídeos teñen algunha dúbida poden poñerse en contacto con nós (Orientación ou Xefatura de estudos) a través do teléfono do centro e estaremos encantados de respondelas.
O vídeo para a normativa de ESO é o seguinte:

O vídeo de Bacharelato é o seguinte:

CALENDARIO EXAMES MATERIAS PENDENTES CURSO 21-22

No adxunto poderase consultar as datas e os lugares para realizar os exames  das materias pendentes do presente curso 2021-22.

Recordamos que estas materias contan, a todos os efectos, como o resto das materias do curso; polo que é moi importante a preparación e realización destes exames.

 

2º DE BACHARELATO 2021. EXAMES EXTRAORDINARIOS

Usando o seguinte enlace pódense consultar (tres páxinas) os exames extraordinarios de 2º de bacharelato (17 a 21 de xuño).

Pódese atopar neste enlace máis información sobre notificación de cualificacións, revisión de exames, prazos de reclamación, matrícula extraordinaria para ABAU, etc.

Tamén resultan de interese:

 

 

FIN DE CURSO 2º BACHARELATO 2021

HORARIOS ALUMNADO CURSO 2020-2021

Pódense consultar os horarios de cada grupo e os grupos que teñen algunha materia fóra da súa aula de referencia.

 

HORARIOS DOS GRUPOS.

1º ESO A 1º ESO B 1º ESO C 1º ESO D 1º ESO E 1º ESO F
2º ESO A 2º ESO B 2º ESO C 2º ESO D 2º ESO E 2º ESO F
3º ESO A 3º ESO B 3º ESO C 3º ESO D 3º ESO E 3º ESO F
4º ESO A 4º ESO B 4º ESO C 4º ESO D 4º ESO E 4º ESO F
1º BAC A 1º BAC B 1º BAC C 1º BAC D    
2º BAC A 2º BAC B 2º BAC C 2º BAC D    

 

CLASES FÓRA DA AULA DE REFERENCIA:

SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DA MATRÍCULA

Pódese imprimir o arquivo adxunto para solicitar modificacións na matrícula.

Os cambios quedan condicionados a unha xustificación suficiente e a dispoñibilidade do centro.

En caso de menores de idade esta solicitude deberán presentala as persoas titoras legais ou gardadoras do alumno ou alumna (modelo menores).

AUTORIZACIÓN ALUMNADO DE BACHARELATO PARA SAÍDA ANTICIPADA AO DOMICILIO

Pódese imprimir o arquivo adxunto para solicitar a autorización correspondente para alumnado de bacharelato menor de idade. Entregar á persoa responsable da titoría xunto coa copia do DNI de quen asina.

Ler con atención as condicións.

Entregar a solicitude non é requisito suficiente para ter a autorización. Ésta será efectiva unha vez que se actualicen as listaxes para o profesorado de garda onde se indicará esta circunstancia.

O alumnado debe esperar sempre a que o profesorado de garda pase lista e autorice a saída. Indicarase no XADE como ausencia xustificada.

FOLGA DE PROFESORADO 12 DE DECEMBRO DE 2019

Este próximo xoves 12 de decembro de 2019 está convocada unha folga de persoal docente. En consecuencia, dende a Dirección do Centro non podemos garantir que o alumnado vaia a recibir clases normais ese día.

De todos os xeitos, establécense servizos mínimos para a atención do alumnado. Insistir en que dita folga só está convocada para o profesorado.

                                                                                                   

                                                                                                                  A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut