Skip to Content

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 19

III SEMANA CULTURAL. PEDALEANDO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Comezamos hoxe o Camiño de Santiago nas bicis estáticas do patio. Non está mal para a primeira xornada:

Bici A:224 Km

Bici B:222 Km

Chegamos a Santo Domingo de la Calzada!

1ª SESIÓN DO TALLER DE ORIGAMI

Os profesores Toni Fuentes, Laura Sebio e Laura e María Carbajo son os encargados deste Taller no que o alumnado de 1º ESO aprende a técnica da papiroflexia.

III SEMANA CULTURAL. JESÚS MOSQUEIRA.

O profesor da USC, Jesús Mosqueira, impartiu a charla Supercondutividade ao alumnado de bacharelato. Puidemos ver unha demostración cun prototipo de tren de levitación magnética baseado en supercondutores, arrefriado con nitróxeno líquido.

III SEMANA CULTURAL. HUGO LÓPEZ

Hugo lópez, o novísimo deseñador melidense, inaugurou as charlas desta semana. Falou ao alumnado de 3º ESO do seu traballo e da importancia de eliminar os estereotipos dentro do mundo da moda.

ATURUXO FILMS NA SEMANA CULTURAL

O profesor Sergio Clavero mostrou ao alumnado de 4º ESO varias das curtas premiadas realizadas no proxecto Aturuxo Films, inaugurando así a III Semana Cultural.

 

AS EXPOSICIÓNS DA SEMANA CULTURAL

Xa temos colocadas varias das exposicións que se poderán ver esta semana.

Paisaxes poéticas, coordinada polos departamentos de Lingua Galega e Plástica. Que será iso da cita a cegas?

O departamento de Francés celebrará esta semana o Día da Francofonía:

E tamén celebraremos o Día da poesía:

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 18

A AULA DE TEATRO NO XV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO

Este sábado a Aula de teatro do IES de Cacheiras asistiu ao roteiro poético, musical e teatral que se realizou en Touro e, posteriormente, actuou na Casa da Cultura xunto co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro.

8M NO IES DE CACHEIRAS.

Hoxe 8 de marzo, as alumnas e alumnos de 2º ESO entrevistaron a cinco mulleres da nosa contorna con moito que contar.

Partindo do texto de Paula Carballeira, As alumnas, quixemos que nos contasen como cambiou a educación das mulleres ao longo do tempo e tamén coñecer o seu traballo e inquedanzas.

Tivemos a sorte de ter con nós a:

Paula Carballeira, actriz e escritora, que vén de gañar o Premio Nacional de literatura dramática coa obra As alumnas no 2023.

Ana Conde, xornalista, directora e creadora do Teovivo.

Fanny Félix, unha das impulsoras da asociación Bolboretea, familias teenses para as neurodiversidadese, que tamén forma parte da ANPA do IES de Cacheiras.

Juliana Pérez, mestra xubilada que foi profesora de Lingua Castelá neste instituto ata que se retirou.

Iria Páramo, médica no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut