Skip to Content

Hora de Ler

Hora de ler 2020-2021

A Hora de ler é unha actividade da Biblioteca destinada ó alumnado da ESO, que consiste en dedicarlle entre 15 e 30 minutos diarios a gozar coa lectura. Cada semana a rapazada le nas sesións que correspondan segundo o calendario establecido. Móstrase a continuación o calendario correspondente á 1ª avaliación:

Hora de Ler

            HORA DE LER ten como obxectivo fundamental facer visible as bibliotecas no espazo educativo e poñer en valor o libro e a lectura entre alumnos. Consiste en dedicarlle uns 15 minutos mínimo á semana para ler un libro e os profesores van rotando de tres en tres semanas.

            IES Cabo Ortegal, a Hora de ler está incluída nas actividades de liña prioritaria da Biblioteca do centro e foron aprobadas por unanimidade no claustro de xuño do 2013 e nas instrucións enviadas pola Consellería en setembro para o curso 2013- 2014.

Así,

- Deben participar todos os profesores do claustro.

- En canto os textos a ler pódese seguir diferentes camiños:

- Ler unha escolma de textos ou relatos breves relacionados coa materia para que lles dea tempo ler neses 15 minutos e deste xeito non teñen que lembrar o lido ata a próxima hora de ler, dentro de unha semana ou 15 días.

- Pódese facer a lectura de forma oral, deste xeito revisase a entoación e á fonética e ademais aprendese tamén a escoitar.

- É sempre recomendable facer unha comprensión do texto lido para saber se realmente o leron ou non, e sobre todo se o entenderon.

-Planning 

            Podemos repartir as horas por ámbitos, e dicir unha semana len os profesores do ámbito de linguas, outra do ámbito de ciencias e outra semana os de ámbito de sociais.

    

Distribuir contido


by Dr. Radut