Skip to Content

Convocatoria AXUDAS MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado na ESO para o curso académico 2024/25

Publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.
  • Os anexos para a súa presentación presencial no IES Cabo Ortegal tamén poden descargarse no seguinte enlace: Anexos I e II.
  • O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (incluído).

Pódese acceder a toda a información nos seguintes enlaces:



page | by Dr. Radut