Novas
Luis Guilbert Pérez, alumno de 1º de ESO conseguiu o primeiro posto na categoría K-1 Infantil B no Campionato de España Infantil de Piragüismo sobre a distancia de 3.000 metros celebrado o pasado 8 de maio en Sevilla, en augas do río Guadalquivir. Na mesma proba a alumna Laura Ardións Otero quedou no posto número 24 .
O alumno Daniel Souto Pazó de 1º de ESO ven de recibir o 2º premio da 1ª categoría na modalidade de poesía na XIII edición do Certame Literario Concello de Ames cun poema titulado "A Terra".
A dirección do IES de Brión lembra que o vindeiro venres 6 de maio non haberá clase, por ser este o día escollido como non lectivo de libre designación do centro.
A inspección educativa autorizou ao IES de Brión a abrir un terceiro grupo de 1º de ESO.
Segundo instrucións da inspección, recibidas o 8 de marzo á última hora da mañá, este centro dispón de prazas para este nivel.
As familias interesadas poderán presentar a solicitude de admisión na secretaría do instituto ata cubrir prazas.
Hoxe é 8 de Marzo, día da Muller, e Raquel O. Brea e Miguel B. Lesta fixeron unha vídeo-homenaxe coa fin de celebrar o día, recopilando o esforzo de varias persoas por reproducir a situación da muller na sociedade actual.
Parámetros de ponderación das materias da FASE ESPECÍFICA da PAU 2016 para o acceso ás ensinanzas universitarias (ver arquivo adxunto)
Calendario xeral PAU 2016 (ver arquivo adxunto)
Notas de corte (ver arquivo adxunto)
Páxina onde podedes encontrar toda a información así como modelos de exame: CIUG
Convocatoria 2016: prazos preinscripción, procedemento e matrícula (arquivo adxunto: convocatoria 2016)
O alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato obtivo o primeiro premio no concurso "Sensores para todos" organizado por Igaciencia en colaboración coa S. X. de Política Lingüística.
O traballo presentado é un sensor localizador de zonas escuras que combina unha pequena cámara, unha placa Arduino, unha Raspberry Pi, e diversos compoñentes electrónicos; todo montado sobre unha estrutura traccionada con motores de continua.
O alumnado participante ideou, deseñou, construiu e programou o robot no contexto dun proxecto interdisciplinar, no que destaca, á marxe da gran calidade do resultado final, o nivel de implicación e iniciativa persoal e o interese por ampliar coñecementos.
O alumando de 4º ESO que cursa Tecnoloxía, recibiu neste mesmo certame unha mención especial ao conxunto dos seus traballos.
As propostas presentadas regulan o comportamento de sensores e actuadores mediante o uso dunha placa Arduino e diversos programas escritos polo propio alumnado.
A nova no portal da Xunta de Galicia.
El Correo Gallego: "Brión rinde homenaxe ao alumnado do IES polos triunfos nos premios de robótica".
O alumnado de Literatura Universal de 2º de Bacharelato realizou unha intervención sobre o mítico personaxe de Frankenstein. A novela gótica, titulada Frankenstein, ou o moderno Prometeo, de Mary Shelley, é de lectura obrigada para os alumnos que preparen esta materia para a Selectividade. Deste xeito, os rapaces e rapazas ambientaron unha suposta chegada do monstro a Brión -de aí a monteira característica desta zona- cun toque de humor e surrealismo que destacase as características da criatura: a súa bondade e inocencia inicial, o rancor cara ao seu creador, etc. Un dos obxectivos desta pequena intervención é visibilizar unha materia moi descoñecida para o alumnado do centro e fomentar a lectura de obras clásicas universais. Agradecementos a todos pola vosa axuda e comprensión. | ![]() |
Durante a mañá do xoves 5 de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou na Competición Escolar de Robótica OSHWDem 2015, que tivo lugar na Domus da Coruña. Desde o instituto participaron catro equipos en dúas categorías (1 libre e 3 renacuajo) na competición denominada como segueliñas. |
Robots finalistas da competición |
Robot deseñado polo alumnado de 1º de Bacharelato |
Despois de dúas roldas eliminatorias, os catro equipos de Brión conseguiron clasificarse para a final, quedando entre os seis primeiros. Na categoría renacuajo os 3 equipos de Brión, quedaron nos 1º, 2º e 3º postos. Na clasificación xeral, o robot deseñado e construído polo equipo de 1º de Bacharelato acadou un estupendo 2º posto.
|
A nova na prensa:
O seguimento da competición no twitter da OSHWDem:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Parabéns para todo o alumnado de Brión participante.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |