Lingua e Literatura Galega

“O Rexurdir do nacionalismo galego”

Documental da Fundación Moncho Reboiras sobre o galeguismo-nacionalismo desde o 36 até a creación do consello da Mocidade:

En SERMOS GALIZA

Descrición obxectiva/subxectiva e o corpo humano

Nesta páxina podedes ver máis detalladamente o que son as descricións obxectivas e subxectivas e o corpo humano: 

Descrición

A descrición: presentación en Slideshare

 

Ser lingua non é fácil

Un traballo que fixeron no sindicato do ensino STEG sobre as linguas europeas que tiveron problemas por estar en contextos bilingües e que nun momento da historia foron recoñecidas e normalizadas no seu territorio chamouse SER LINGUA NON É FÁCIL .

Power Point.

Podedes ver o vídeo Alba e Henar, a nosa historia do Galego

Mapa das linguas europeas

Podemos ver as linguas en Europa neste blogue do IES DE CACHEIRAS.

Día Europeo das Linguas na Secretaría Xeral de Política Lingüística

Recursos para traballar o Día das Linguas en Europa en Caderno da Lingua

 

Podedes ver neste enlace a diversidade lingüística en Europa: www.eurominority.org

Os dereitos dos meniños en versión de Toquinho

Toquinho é un cantautor brasileiro moi famoso que fixo hai uns anos un disco para preservar os pequenos que se chamou.

OS DIREITOS DAS CRIANÇAS. Podémolo escoitar e ver as letras en LETRAS. Podemos ver os vídeos todos seguidos en TOQUINHO.

Unha canción moi linda con subtítulo no vídeo é "Bê a ba", outra, pensando no futuro da humanidade, que estará nas mans dos meniños de hoxe en día: "Herdeiros do futuro".

A publicidade e a parodia

O último vídeo de Gadis SE CHOVE, QUE CHOVA...!

  1. Cal é a visión das mulleres? Quen era o sabio?
  2. Por que somos como somos os galegos?
  3. Que é unha repichoca?
  4. Se imos á praia...segue ti
  5. Somos todos profundos?
  6. O por que do título e que finalidade ten a publicidade.

A parodia humorística: Visionade este vídeo de Miley Cyrus- wrecking gal,

logo escoitade o 

Ferti món (O Wrecking Ball galego)

  1. Está a falar de plantar que? E que aconteceu?
  2. Fala do home do tempo da TVG. Quen é?
  3. Que lle pasou?
  4. Cal é a solución para o que lle pasou?
  5. Que parodia do vídeo de Miley Cyrus?
  6. Cal é a finalidade deste vídeo?

 

 

 

O Outono-Magosto

Para informarse sobre esta estación do ano e a festa máis polpular ver OUTONO-MAGOSTO

Substantivo e adxectivo

Nesta presentación podemos facer unha primeira aproximación: O SUBSTANTIVO

Hai moitos exercicios do substantivo e adxectivo en OGALEGO.EU

As funcións sociais da lingua

Nesta presentación pódese ver claramente as funcións sociais das linguas e outros temas (bilingüísmo e diglosia...)

As funcións sociais da lingua

Vídeo dos Prexuízos lingüísticos: 

Marta GH 2011 auto xenofobia

Artigo de Francisco Castro sobre o galego e a súa valoración: Morrer en galego. Vivir en galego

A Literatura Medieval

Para preparar ben o tema da Literatura Medieval é bo escoitar estes vídeos de Historias de Galicia (mirar en YOU TUBE),que nos informan dos "Camiños de Santiago" (a partir do min. 9:00) ou en debuxos animados "Historia de Santiago de Compostela". Tedes que ir a YOU TUBE. e como a Era Compostelá se debe á figura de "O Bispo Xelmírez"

En castelán podedes ver un vídeo breve sobre o Amor cortés. En ES POESÍA. Para escoitar música: YOU TUBE. En portugués hai un vídeo só con letra sobre a poesía trobadoresca: YOU TUBE

Para verdes e baixar en Power Point podedes ir aos traballos da profesora Sofía Rama: en MARLOU. Ir a 1º bacharelato. BLOQUE: Literatura. Hai presentacións de todos os temas da literatura do curso.

 

Tedes acceso a todas as cantigas nesta páxina web da Universidade de Lisboa:

http://cantigas.fcsh.unl.pt/images/header-principal.png

Dicionario de dicionarios do galego medieval

  1. Escoita e comenta as seguintes cantigas: 

"Sedia-m´eu na ermida de San Simón"

As cantigas de Martín Códax, Cantiga I (con fotos de Vigo), en MÚSICA ANTIGUA. 

Pero Meogo: "Levouse a louçana,..." (letra no vídeo)

"Contrabando de amigo" do grupo Na Lúa, dun poema de Antón Reixa. LETRA.

As cantigas de amigo de Martín de Xinzo

"Bailemos nós já todas tres" de Airas Nunes

"A miña amiga" poema de Xosé Quintás Canella cantada por Luar Na Lubre. Podedes ver a información do disco e letras de Por que no mundo menguou a verdade (en Ghastaspista.com), ou en: Ravachol

Podemos escoitar a cantiga de amor de Don Dinís: "o que nunca vos cuidei a dizer" (con letra no vídeo) ou esta fermosa Pastorela de Luorenço: "Tres moças cantavan de amor"

Podedes ver tamén a páxina de Caderno de Lingua

Para acercarse ao mundo do románico: este vídeo en castelán no que informa da estética do románico a partir dominuto 5: ROMÁNICO. Para unha maior profundización a presentación do IES de Guitiriz O ROMÁNICO

Para as cantigas de escarnho e maldizer podedes ver esta páxina: VIATGE A GALICIA. Un catalán que ten os textos cantados por Xurxo Romaní e Koichi Tanehashi sobre textos de escarnio con tradución ao galego moderno (está seguido do medieval e non se distingue ben) e cataláN. podedes escoitar a cantiga máis obscena de Afonso Eanes do Cotón "Marinha de tanto folegares" en versión de Xurxo Romaní. Ou esta cantiga do rei Afonso X: "Non quero eu donzela fea" (con letra).

Para completar o mundo medieval podemos ver un fragmento da película de P.P.Pasolini o DECAMERON, baseado no libro do mesmo nome. Podedes ver o conto do xordo no convento: Decameron (1970 Pier Paolo Pasolini) (min. 25 ao 35)

Podedes ver a parodia moderna en FERTI MON que seguindo a tradición medieval e (a explicación en TV Chantada)con "elegancia" colle un éxito de Miles Cyrus: WREKING BALL.

Despois do sacrílego e o paródico, o arrepentimento e o rezo: as Cantigas de Santa María,(web con todas as contigas). (Outra páxina de As Cantigas de Santa María) maior xoia da arte medieval por seren do s. XIII e ter catro cancioneiros con letra, notación musical e miniaturas, cume artístico da Idade media. Se mirades en internet atoparedes moitísimas páxinas vincualdas coa música, por exemplo tedes este disco de Jordi Savall, un dos maiores medievalistas do mundo: Escoitar a Introdución musical e a Cantiga 100, Santa María Estrela do día (con imaxes de miniaturas de músicos). A cantiga narrativa número 209 "Muito faz grand'erro", (LETRA) onde o rei é obxecto do milagre co propio libro das cantigas. Un dos máis famosas cantigas narrativas é a 103, "Quen a Virgen ben servirá a Parayso irá"

 Cantigas de Santa María (Dirixidas por Jordi Savall e con pinturas prerrafalistas inglesas nas imaxes).

CANTIGA 103, A do monxe e o paxariño. En YOUTUBE.COM

No século XX-XXI o rock segue o camiño de musicar poemas cun mesmo tema: as drogas, como fixo Lou Reed en HEROIN, (LETRA eninglés) ou Lois Pereiro en NARCISISMO, todado por RADIO OCÉANO. Xa de volta, con sentidoño, a poeta Rosalía Fernández Rial recita o seu poema co grupo VICKY POLARD, ou en plan parodia, Albert Pla no tema Boikot sexo, drogas y rocanrol

Distribuir contido