Lingua e Literatura Galega

ARTIGO DE MANUEL RIVAS PREMIADO CO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Enviado por Suso Sambade o Xov, 19/02/2009 - 01:47

O artigo "A mesa cósmica de Piñeiro" publicado en El País foi premiado como mellor artigo xornalístico neste ano.

Podedes velo aquí 

REBAIXAS (2x1) na Lingua Galega

Enviado por Suso Sambade o Xov, 12/02/2009 - 14:02

Este profesor ensínanos a diferenciar as palabras que en castelán se din o mesmo dunha maneira "simpática"

REBAIXAS (2x1) na Lingua Galega

O arraiano Martin Sheen e o poeta cimarrón de Manuel Rivas

Enviado por Suso Sambade o Lun, 09/02/2009 - 23:39

Este é un artigo do diario El País que fala dun actor norteaméricano de orixe galega-irlandesa. Fala tamén de Xosé Luís Méndez Ferrín, poeta ao que lle fixeron unha homenaxe en Vigo polo seu 70 aniversario (menos mal que xa comezan a facerlle homenaxe antes de morrer á xente que contribuíu coa súa arte ao noso país).

Ver artigo de El País 

Contesta ás seguintes preguntas:

1. Sabes o que é un arraiano e un miñoto?

2.Quen é Martin Sheen e por que lle chamou a atención a M. Rivas?

3. En que película famosa traballou? Víchela?

4. Ademais de actor, por que é coñecido este personaxe no mundo? En que iniciativas participou?

5. Que título ten o libro en homenaxe a Ferrín?

6. Que ten de común con Martín Sheen segundo M. Rivas?

TRABALINGUA

Enviado por Suso Sambade o Mér, 21/01/2009 - 00:58

TRABALINGUA é unha páxina de novas e información sobre a lingua galega.

Ir a TRABALINGUA 

DÚBIDAS DA LINGUA GALEGA

Enviado por Suso Sambade o Mér, 21/01/2009 - 00:28

Para solucionar algunhas dúbidas frecuentes da lingua galega podedes consultar esta páxina web: Dúbidas lingüísticas

A XERACIÓN NÓS

Enviado por Suso Sambade o Mar, 02/12/2008 - 10:37

Este é o tema da Xeración Nós que tedes para estudar. Facede un esquema completo.

O segundo PDF é o artigo de Suso de Toro sobre Otero Pedrayo xa comentado. Contrastádeo co voso.

 

GALEGUISTAS

Enviado por Suso Sambade o Dom, 16/11/2008 - 21:45
Nesta páxina web podedes acceder a moita información de autores da Literatura Galega.
 
Clica en galeguistas 

ENTREVISTA A PACO FERNÁNDEZ REI

Enviado por Suso Sambade o Mér, 05/11/2008 - 18:44

 

Le a entrevista a Paco Fernández Rei e fai posteriormente unha redacción contando o que opina el do galego e que acontece ao redor del.

Ver La Voz de Galicia

OS FILLOS DO CAPITÁN GRANT: UNHA VIAXE ARREDOR MUNDO POLO PARALELO 37º SUR.

Enviado por Xavier Lorenzo Tomé o Sáb, 08/03/2008 - 02:52

Velai, se picades no documento adxunto, a nosa particular viaxe arredor do mundo da man do xenial escritor francés Xulio Verne. Debedes ir premendo no rato para avanzar na presentación. Hai na biblioteca do centro unha magnífica edición en castelán que reproduce, en tres tomos, as ilustracións das primeiras edicións francesas de "Os fillos do Capitán Grant". Existe unha película dos anos cincuenta que, se vos interesa, podemos conseguirvos; poñédevos en contacto con nós, os de terceiro de diversificación.

AQUÍ NADA É O QUE PARECE: IMAXE E FICHA PARA A DESCRICIÓN.

Enviado por Xavier Lorenzo Tomé o Lun, 03/03/2008 - 20:14

Podes ver a imaxe desta estraña tenda e descargar de novo a ficha que xa vos pasei, por se preferides cambiar o formato, a letra e mellorar a presentación.  

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.