Lingua e Literatura Galega

"Lenda das Sereias" de Marisa Monte

Este vídeo da brasileira Marisa Monte para escoitar o portugués do Brasil e ver a relación desta lingua co galego.

"Lenda das Sereias". Vídeo con letra na pantalla en portugués.

Chove en Santiago

Federico García Lorca en homenaxe á literatura galega fixo os Seis poemas galegos, publicados en Santiago polo alcalde editor Ánxel Casal. Luar na lubre fixo famoso "Chove en Santiago", nesta versión cantada pola cantante Rosa Cedrón. podémolo ver en Son de poetas.  Hai un vídeo en You Tube moi fermoso, non sei quen o interpreta. Unha versión de Luar na Lubre con Ismael Serrano na TVG

A FALA

Roi Casal canta un poema de Manuel María defendendo ao galego:"A fala" que Roi Casal lle puxo "Maxicamente vello".

Copia nun documento o poema e fai as seguites cuestións:

  1. Busca no dicionario da Real Academia Galega as seguintes definicións: salouco, feble, ronsel, herdo, patrimonio, patria, meirande, latexo, agroma, irmandade.
  2. Que repite ao longo de todas as estrofas? Terá que ver co tema?
  3. Que tipo de rima ten e en que versos?
  4. Que significado terá a primeira estrofa?
  5. De quen recibimos o idioma e a quen llo podemos deixar?
  6. Quen creou o idioma?
  7. Que pasa se se perde a fala e por que?
  8. Que opinas do poema?
  9. Busca información sobre o autor: trazos máis importantes da vida e obra.

Actividades de Lingua Galega

Nesta páxina web hai moitos exercicios en rede e divertidos: Actividades de Lingua Galega

Nesta páxina podes facer exercicios de ortografía como B/V, C/CC...  Ortografía

Outra páxina de ortografía, a do IES Colmeiro: Ortografía do Colmeir

Para facer actividades variadas de lingua: Tintarrás

Formas verbais (exercicios moi elementais).

O verbo en O galego en exercicios, de Anxo González Guerra e Vitoria Ogando.

HISTORIA DUN XOGUETE DE RAFAEL DIESTE

Para comezar a 2ª avaliación nada mellor que ler e traballar un conto da "Historia dun xoguete" de Rafael Dieste. Na wikipedia. En El País hai unha serie de artigos sobre o autor en castelán: El País.

En Rianxo podedes ver a escultura que Isaac Díaz Pardo lle fixo a Rafael Dieste: ver FOTO

Do IES Félix Muriel podedes ver a partir da páxina 20 do traballo do léxico do mar: "Do meu mar, na miña lingua"

A que todos coñecedes as películas de TOY STORY, 1(en portugués do Brasil),       2 (versión en español),   3 (Tráiler en inglés), e xa están os tráiler de Toy Story 4. Non son historias dun xoguete todas elas? Xa Rafael Dieste se adiantara, pero na literatura.

  1. No texto hai léxico mariñeiro. Búscao no Dicionario da RAG. Se non hai algunha palabra vai, ou ben no Dicionario Digalego, ou no Dicionario de dicionarios.
  2. Que fai o mariñeiro na proa? En que pensa?
  3. Que pasou cando o xoguete estaba rematado? Narra o que pasa.
  4. Hai un salto no tempo e que narra?
  5. Quen será a señora que vai pola praia?
  6. Fai un resumo do relato.
  7. Conta a historia dun xoguete que che gustaría compartir cos demais.

TEATRO RADIOFÓNICO DE AMES

No concello de Ames en colaboración co IES de Bertamiráns e do colexio Alca fixeron un concurso de teatro radiofónico. Aquí podedes escoitar as obras presentadas: CONCELLO DE AMES.

En Praza pública podemos escoitar as obras gañadoras do VI Premio de Teatro Radiofónico de Diario Cultural da Radio Galega: Ir a Praza pública.

No IES de Catabois tamén fixeron teatro radiofónico: ir ao IES DE CATABOIS

A XANELA, VÍDEO sobre a lingua

Unha alumna rusa de lingua galega reflexiona sobre as palabras fermosas da nosa lingua. Ver "A XANELA"

Daría Shornikova, en galego

QUICO CADAVAL NA ESTREA DA SALA PERSEBEIRA DO IES DE PORTO DO SON

Quico Cadaval na Sala Perseveira.

Sobre a historia de Hollywood (min. 6:18), Sobre o Teatro isabelino e xaponés (min.10:40).

Sobre música (min.16:45)

Sobre o termo contaconto (min. 18:17)

Sobre o antropólogo de cabeceira (min.26:00)

Sobre os contos tradicionais (min.30:10)

Longa historia sobre a moza aparecida (min.34:54 até o final)

Distribuir contido