O pasado venres 26 de abril un total de 56 rapaces e rapazas do noso instituto participaron na "V Competición de Robots da EEI [3]" organizada pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, na que se chegou ao milleiro de estudantes.
Nesta ocasión participou alumnado de 2º de ESO que cursa a materia de Introdución á Robótica, de 4º de ESO que cursa Tecnoloxía e de 1º de Bacharelato con Tecnoloxía Industrial, chegando tres equipos á final e acadando un dos grupos de cuarto un 5º posto entre un total de 58 equipos que competían na súa categoría.
Accede ás novas da Competición:
Un milleiro de estudantes na V Competición de robots en Vigo [4], na TVG
171 equipos participaron na Competición de robots da UVigo [5], en Código Cero.