AVISO 2: REFERIDO AO TRANSPORTE EN AUTOBÚS

Infórmase que, debido á saturación prevista nas liñas 4, 5 e 6. Nin o alumnado de Bacharelato desas liñas, nin o que viva a menos de 1 Km do Instituto, poderán utilizar o autobús.

Tamén se informa que o autobús da empresa Ferrín que ven de Santiago, pasará por diante do IES no horario habitual de entrada 8,25 h e á saída ás 14,30 h.

AVISO 1: NOVIDADES SOBRE O COMEZO DO CURSO 19-20. LUNS 16 DE SETEMBRO

Por orden de Xefatura Terrritorial, as clases deben comezar o luns 16. Polo tanto HABERÁ CLASE A PARTIR DAS 11. Todo o alumnado debe estar para esa hora e rematará ás 14,05. 

LISTAXE ACTUALIZADA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

Consulta aquí a listaxe de libros de texto recomendados para o curso 2019-2020

PREMIO AO MELLOR VIDEOCLIP NA CATEGORÍA DE 1º CICLO DE ESO

Parabéns ao noso alumnado que gañou o premio de 1º ciclo de ESO!!! E tamén ao do IES de Cacheiras que gañou o de 2º ciclo.

A nova na prensa: https://www.codigocero.com/Os-centros-educativos-galegos-copan-o-palmares-do-festival-eMove, https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/ies-brion-triunfa-no-emove-festival/idEdicion-2019-07-30/idNoticia-1196076/

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

AVISOS:

ANTE A POSIBLE INCORPORACIÓN DE NOVAS MATERIAS EN E-DIXGAL RECOMÉNDASE QUE NON COMPREN LIBROS DE TEXTO ATA SETEMBRO.

- En Tecnoloxía de 3º ESO non se recomenda ningún libro de texto, polo tanto non debe ser tida en conta a recomendación que aparecía no sobre de matrícula

PREMIO SENSORES 2019 PARA ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso "Sensores 2019" convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O xurado do certame recoñece con este premio a calidade do proxecto interdisciplinar "Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos", un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta da Coruña. Os alumnos Victor Sloth Sixto e Óscar Suárez fixeron unha breve presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria "Sensores 2019" como en "Inventa en galego" por alumnado de toda Galicia.

O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador.

O alumnado implicado realizou unha pequena exposición cos resultados deste proxecto coa finalidade de difundilo entre o alumnado doutros niveis, que puideron desfrutar dunha experiencia inmersiva subindo por escaleiras virtuais, sobrevoando as Cíes ou adentrándose en moléculas de diferentes compostos.

Parabéns ao alumnado participante.

Accede a máis información:

Proxectos premiados de Sensores 2019, en Igaciencia.

Entregados os premios de Sensores, no Concello de A Coruña.

Exposición "As rapazas son de ciencias"

header

Para rematar o curso, a biblioteca escolar proponche unha nova mostra bibliográfica que descubrir. Unha escolma con materiais incorporados á biblioteca ao longo do curso adquiridos grazas aos fondos do Proxecto STEM.

Unha selección bibliográfica composta por monografías de materia e obras literarias coa ciencia e a tecnoloxía como temática principal e as mulleres coma protagonistas. Unha exposición que quere achegar á comunidade educativa o coñecemento da tecnoloxía, as ciencias naturais e sociais xunto co destacado labor de multitude de mulleres científicas que realizaron importantes achegas que facilitaron o avance da civilización.


imaxe 01 imaxe 02
imaxe 03 imaxe 04

OBRADOIRO DE ACUARELA

O pasado venres 14 de xuño, o alumnado de 3º ESO B asistiu a un obradoiro de pintura impartido por José Antonio Regidor no noso centro. Durante a sesión puidemos ver en detalle unha demostración, coas súas correspondentes explicacións, do emprego da acuarela. Regidor compartiu con este alumnado parte do seu vasto saber e bo facer nesta técnica húmida que domina con maestría.

Esta actividade forma parte do Encontro coa arte 2019 promovido polo Concello de Brión e adicado nesta ocasión a lembrar a figura de Antón Fraguas.

.

ACTO DE GRADUACIÓN 2019

O pasado 24 de maio tivo lugar no IES de Brión o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.

No acto fíxose entrega dun diploma acreditativo da concesión de Matrícula de Honra, así como varias Mencións Especiais a alumnado de excelente expediente académico.

Graduación

Desexámoslle moita sorte a todo o alumnado na nova etapa que comenzan.

Distribuir contido